Cervo, 26 de febreiro de 2017.- O Concello de Cervo acollerá esta fin de semana e por terceiro ano consecutivo, o Campionato Galego de Natación de Inverno nas categorías Júnior e Infantil, que se disputará o 2, 3 e 4 de marzo na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.
Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, José Ramón Soto, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, o xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e o presidente do Club Natación Xove, Bernardo Rouco.
No campionato, organizado polo Concello de Cervo, en colaboración co CN Xove e a Federación Galega de Natación, participarán 331 nadadores, pertencentes a 25 clubs galegos.
O alcalde, Alfonso Villares, significou a importancia que ten para Cervo “acoller e organizar unha competición deste nivel, que supón un escaparate de primeira orde, xa que prevemos que máis de 1000 persoas visitarán o noso municipio ao longo de toda a fin de semana, entre nadadores, público, adestradores e delegados, e estimamos polo tanto, que a ocupación hostaleira no municipio rondará o 100%”.
Así mesmo, Villares sinalou que “en Cervo temos o privilexio de contar cunha piscina municipal olímpica, de 50 metros e 8 pistas, única destas características en toda a
Concello de Cervo 2018
Comunicación
e
Prensa
27891 CERVO (Lugo)- Tfno: 982 55 77 77-Fax: 982 55 77 29 – C.I.F: P-2701300-B
provincia de Lugo, e das poucas que hai en Galicia, o que a convirte na mellor das instalacións para acoller un evento deportivo desta categoría”.
Villares rematou convidando a todo o mundo a acudir a Cervo nunha fin de semana na que “poderán gozar, de xeito gratuíto, dun evento deportivo que contará coas mellores promesas da natación galega, ao tempo que poderán coñecer os atractivos culturais, gastronómicos e paisaxísticos de todo o Concello”.
A competición terá lugar en tres xornadas, en sesión de mañá e tarde, agás o venres, cunha sesión só de tarde.
As categorías son Júnior masculino e feminino, Infantil masculino e feminino; e nadadores con discapacidade funcional e/ou visual das anteriores categorías.
A participación está aberta a todos os nadadores que acrediten ter realizadas as marcas mínimas asignadas. Para os deportistas con discapacidade funcional e/ou visual haberá unha soa marca mínima.
Cada nadador poderá participar como máximo en catro probas individuais en todo o Campionato e nas remudas.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
