Lugo, 23 de febreiro de 2018. O Goberno da Deputación está a estudar todas as posibles alternativas para reducir o prezo estimado das prazas nos seus centros de maiores ante a reiterada negativa de colaborar e cambios de parecer por parte da Xunta de Galicia.
E é que a administración galega negouse a colaborar, primeiro, porque a Deputación de Lugo non figuraba no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). Unha vez inscrita, cambiou de parecer e dixo que tiña que ser SUPLUSA. Agora, estando tanto a institución luguesa como este organismo dependente da mesma en dito Rexistro, a Xunta tampouco quere colaborar porque, di agora, que os centros da Deputación son para non dependentes e dita administración só concerta prazas para dependentes.
Ao mesmo tempo, o Executivo Provincial avanza na ordenanza da rede de residencias e centros de día coa previsión de presentala a todos os grupos políticos en marzo.
O Goberno da Deputación pide ao Partido Popular que “deixe de enredar e inventar batallas políticas”, e que “traballe para que os seus compañeiros da Xunta de Galicia colaboren con este proxecto, cando menos, axilizando a concesión das licenzas”. Ata o momento, e despois de varios anos de espera, o Goberno galego só concedeu o permiso do centro de maiores de Castroverde.
Neste senso, o Executivo Provincial tamén aclara que o que di a portavoz do PP sobre da retirada das encomendas de xestión de Guitiriz e Trabada non coincide co ocorrido xa que ambos asuntos están executados. Simplemente se estudou esa posibilidade unicamente ás recomendacións feitas por outras administracións.
Subliñar que SUPLUSA ven de solicitar recentemente ao Concello de Guitiriz os permisos para poder iniciar as obras e tamén á Xunta de Galicia o permiso de inicio de actividade para a de Trabada.


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



