A proposta está composta de aperitivos de benvida con canutillo salgado recheo e croqueta de cecina de León. Os pratos principais serán merluza do pincho gratinada con queixo San Simón e redondo de tenreira galega mechado en salsa de froitos vermellos. De postre tarta de chocolate branco e amorodos cruxentes. Acompáñanse con viños tinto mencía Alma D.O. Monterrei e branco godello Alma D.O. Monterrei, ademais de auga mineral, café e licores. O prezo por persoa é de 30 euros, ofrecendo un prezo especial para dúas persoas con habitación doble, almorzo e a cea de San Valentín por de 110 euros. As reservas poden realizarse no 982 128 517. Os clientes que degusten o menú de San Valentín entrarán no sorteo dunha noite na suite do hotel con botella de cava e almorzo na propia habitación.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



