Burela, 27 de febreiro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela alerta que a sinalización horizontal da Avda. da Mariña “decidida polo alcalde e o seu edil de Obras” xa está a provocar protestas entre os cidadáns, exactamente igual que aconteceu en Arcadio Pardiñas, dado que os vehículos que circulen en dirección ao porto non poderán aparcar á esquerda debido ao pintado dunha liña continua que imposibilita tal maniobra, tal e como se viña facendo ata o de agora, sen que houbese problemas salientables.
Desde o Grupo Municipal indican que bastantes cidadáns que usan a cotío ese vial “xa nos teñen manifestado o seu malestar porque a solución adoptada provoca trastornos aos usuarios”. Os edís populares entenden que, “unha vez máis, o alcalde e o tenente de alcalde teñen unha ocurrencia ou fanlle caso a sabe Deus quen, e ordenan unha sinalización horizontal que vai provocar que alguén que circule pola Avda. da Mariña en dirección ao porto e queira ou teña que aparcar á outra marxe deberá chegar ao mesmo porto, dar a volta e subir a Avda. da Mariña dirección Correo Vello para poder estacionar. É dicir, un total contrasentido, dado que ata o de agora esa maniobra estaba permitida e non tiña acontecido ningún accidente preocupante”, puntualizan.
“O goberno local, indica o PP, repite o xeito de actuar que tivo en Arcadio Pardiñas. Semella querer enfrontarse con todo o mundo, aínda que seguro que nos dirá o alcalde que eles non teñen ningunha responsabilidade, e quenes cargarán co marrón será a Policía Muncipal e/ou a técnica de Urbanismo. Pero o malestar da cidadanía está aí, cando o máis sinxelo era deixar as cousas como estaban”, remarcan.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



