Burela 26-3-18. A paciente está aqueixada dunha hernia discal con protusión e afectación das raices nervosas diagnosticada en xaneiro de 2017, e nesa mesma data paútaselle como tratamento 30 sesións de fisioterapia en centro concertado e posterior consulta para control pol@ traumatólog@.Tras agardar máis de un ano sen ser chamada solicita axuda da Plataforma Sanitaria para interpoñer unha reclamación .Dita reclamación faise efectiva o 30 de xaneiro de 2018 e figura con rexistro de entrada número 215. “Estou desesperada e por iso contactei coa Plataforma, para que me axudasen pois non me parece normal estar esperando un ano pola rehabilitación e máis cando de trata dunha hernia discal con protusión e afectación importante na perna esquerda a consecuencia da radiculopatía. Teño medo que poida ir a máis e deixarme incapacitada” – manifesta a doente visiblemente angustiada.
Transcurrido case mes e medio e en vista de que a xerencia fai caso omiso da súa demanda , a paciente desesperada, volve contactar coa Plataforma Sanitaria para que “ me boten unha man de novo, xa que preciso urxentemente deste tratamento e unha consulta de valoroción d@ traumatólog@ posterior ao tratamento” – queixase a doente. A segunda reclamación ten data de entrada o 13 de marzo de 2018 con número de rexistro 498, e solicita tratamento rehabilitador inmediato no sistema público de saúde, facendo responsable das posibles lesións que se deriven desta demora intolerable á xerencia executiva do Hospital da Costa .Tamén refire que acudirá á xustiza e que fará denuncia pública nos medios de comunicación do seu caso.
A Plataforma Sanitaria denuncia que estes tempos de agarda de máis de un ano en patoloxías severas e que precisan de tratamento rehabilitador o máis precozmente posible, forma parte das estratexias perfectamente orquestadas do goberno da Xunta de deteriorar o sanidade pública para derivar cara ás clínicas privadas de fisioterapia implantadas na zona. Simultáneamente aos aumentos escandalosos dos tempos de agarda non contrata persoal para ocupar nas quendas de tarde as instalacións existentes nos Centros de Saúde da Mariña.” Se houbese vontade de que funcionase ben a rehabilitación do sistema público teríase habilitado en quenda de tarde os ximnasios que están a funcionar pola mañá en Viveiro, Ribadeo e Foz e mesmo se dotaría ao Centro de Saúde de Burela deste servizo”- manifestan desde a Plataforma.
Desde a Plataforma Sanitaria tamén queren deixar constancia das continuas mentiras que o goberno da Xunta e a xerencia de Lugo están a declarar nas entrevistas que se lle fan para limpeza de imaxe , tanto nas derivacións cara á privada como nos tempos de agarda para acceder aos servizos sanitarios, pois unha espera de 14 meses para iniciar un tratamento fisioterápico supera con creces a mellor das medias sesgadas que publican a bombo e pratiño na prensa.”Desta vez non é que a chamaran dun centro concertado porque había demora na sanidade pública senón que xa directamente se lle indica unha clínica privada e teñen a caradura de dicir que as derivacións á privada son casos puntuais.