Burela, 17 de abril de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, ven de anunciar que Portos eliminou o punto limpo que había na zona do Berbés, tal e como lle solicitara no seu día o Concello. Para o rexedor esta é unha moi boa noticia, ao igual que a colocación dos protectores no porto para evitar danos no barco museo Reina del Carmen cando haxa temporais. Alfredo Llano destaca a boa relación institucional que manteñen Portos e o Concello de Burela. Agora queda pendente recuperar para un uso turístico a praza que se atopa detrás da Capitanía Marítima, algo no que o Concello segue a traballar.
O alcalde de Burela declarou que “hoxe recibín dúas noticias que me pareceron extraordinariamente agradables porque a verdade que sempre son benvidas. Levamos desde o Concello xa hai tempo solicitando que se eliminara o punto limpo que había no Berbés, onde está a zona xeolóxica que tan estimada é para Burela e onde hai esas rutas xeolóxicas que pasan por alí”.
Alfredo Llano lembrou que “había un punto limpo que tiña alí Portos e tiñamos solicitada a súa eliminación, e agora mesmo xa está liberado. Desta maneira pódese apreciar perfectamente a parede da zona xeolóxica e, sobre todo, non hai ese impedimento visual, esa contaminación que había derivada do lixo que había alí”.
O rexedor seguiu a relatar que “a outra boa noticia é que se están colocando os reforzos para evitar que o barco museo dea golpes contra a parede de peirao en días de temporal. Agora puxéronse uns reforzos de caucho grandes que van responder perfectamente ás dimensións do barco museo”.
O alcalde burelés quixo “resaltar que a relación institucional e o compromiso que Portos adquiriu no seu momento, culminouno hoxe, o cal ven a significar que a corresponsabilidade institucional é boa, que é o que me gusta a min, que as institucións teñamos unha boa relación para un fin único que é mellorar todo o que se poida de forma integral”.
Alfredo Llano dixo que “tamén xa hai un proxecto, que está case rematado, para darlle outra forma á zona que está situada detrás da Capitanía, que é de Portos. Alí hai unha serie de naves que estaban sendo alugadas. Hai unha praza que queremos desde o Concello tratar de recuperala, adaptala e preparala para que sexa un espazo público atractivo, e ao mesmo tempo que se implante algún tipo de negocio derivado da pesca, da artesanía ou incluso das conservas. Queremos potenciar aquela zona desa maneira, para que sexa un atractivo para Burela. É unha das cousas que teño falado co presidente de Portos, co señor Durán, e están tamén no convencemento de que podía ser unha boa idea para Burela. Polo tanto é o que nos queda agora para traballar, a ver se damos culminado isto antes de que remate a lexislatura”.







Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



