Burela 8-5-18. Este mércores 9 de maio preséntase en Madrid, no marco do “Salón de Gourmets” e dentro do programa da Confederación Española de Pesca (CEPESCA), a “Guía de Boas Prácticas: cara unha pesca sostible e responsable” que acaba de editar a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP7).
Esta guía nace para recopilar as boas prácticas dos socios da OPP Lugo en términos socio-laborais, de actividade, medioambientais e de comercialización. O xerente da OPP, Sergio López, encargarase da presentación da guía no stand co que CEPESCA conta na feira do Salón Gourmet.
Ademais da presentación da guía, os visitamtes terán a posibilidade de degustar unha selección de produtos pesqueiros, entre os que destacan os promocionados pola OPP Lugo: a pescada do pincho de Burela, como especie de maior importancia comercial na súa lonxa, e a cabala, como un peixe azul de temporada de importante rentabilidade para as flotas de cerco e arrastre de litoral.
O Salón de Gourmets, que se está celebrarando esta semana en Madrid, serve de magnífico escaparate de promoción dos produtos pesqueiros da costa de Lugo. A OPP Lugo participa dentro do espacio “El Mapa de los Sabores del Mar” de CEPESCA, no que se destacan a orixe, a zona e arte de pesca coa que se captura cada especie, así como as súas principais propiedades nutritivas e gastronómicas.