Foz, a 11 de xuño de 2018. Adaptarse a vida con unha estoma nos días posteriores a cirurxía pode ser un reto. E moi importante recordar que se necesita tempo para adaptarse a unha bolsa pegada ao abdome, pero será mais fácil con apoio da enfermeira estomaterapeuta e uns coñecementos básicos sobre como cambiar a bolsa de ostomía e os coidados para a pel periestomal. Con todo elo, enseguida se e capaz de facer as cousas que sempre se viñan facendo na vida cotiá e a vez conseguir mellorar a calidade de vida.
Con esta premisa a Asociación Española Contra o Cancro quere axudar e informar as persoas ostomizadas e os seus familiares, por elo, organiza unha charla-taller no local da AECC en Foz, situado no Centro Social na Avda da Ribeira nº 1 – 2ª Planta o martes día 26 de Xuño as 18:00 horas, contando coa colaboración de Dª Aurora Vizoso García, Estomaterapeuta e Supervisora de Enfermería de Ciruxía do Hospital da Costa en Burela.
Debido o límite de prazas e importante que todos os interesados en participar se anoten con antelación chamando os teléfonos da Asociación Española Contra o Cancro nº 639 262 312 / 982 25 08 09 ou nos teléfonos da Delegación Local de Foz da AECC nº 649 276 196 / 982 14 00 25.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



