Foz 13-6-18. “Foz, Plataforma de Futuro” non veu á política para ser unha formación política irresponsable, a cidadanía situounos na oposición, e a pesar das enormes diferencias ideolóxicas e de xestión política que nos separan do Partido Popular, non imos a permitir que a Residencia de Anciáns permaneza un minuto máis fechada, creemos que é un insulto á cidadanía que fora rematada no ano 2015 e a día de hoxe non se lle dera unha solución factible para poder abrila e sacar os nosos anciáns do actual Asilo que se atopa nunhas condicións lamentables de habitabilidade.
Tampouco imos esquecer que isto se debe a unha xestión nefasta para os intereses de Foz do partido no goberno, o Partido Popular que dende o primeiro momento estivo a xogar con este tema para ó final non facer nada e traernos a esta situación.
Mentres nós impulsamos que a xestión da residencia fose pública para evitar chegar a esta situación, o PP coa inestimable axuda do seu aliado político o BNG pretenderon que a Consellería de Benestar Social cedese ó Concello a xestión da residencia por dous anos, prorrogables a catro para conceder a dedo e sen previo concurso público a mesma á ONG “Mesajeros de la Paz”. Tras tornarse esta situación como imposible porque se cometía unha ilegalidade, posto que era imposible esta cesión sen o previo concurso público e a aprobación dun Plan Económico Financeiro (PEF) o Partido Popular levou a pleno no mes de abril do presente ano un plan de xestión da residencia intolerable, que pretendía que os residentes pagasen unha praza a prezo dunha residencia privada entre 900 e 1.300 €, algo ó que nós opuxemos de plano, isto era un atraco en toda regra, só ían poder acceder anciáns cun poder adquisitivo alto, algo que non concorda co que cobran de media os/as xubilados/as en Foz, na súa maioría pensións mínimas de entre 600 e 700€. Ademais non podíamos aprobar este plan de xestión posto que a Consellería esixía a aprobación dun Plan Económico Financeiro, algo que non trouxo o Partido Popular ó pleno, polo tanto non servía de nada, o único que se conseguiu con isto unha vez máis foi retrasar de novo a apertura da residencia.
Posteriormente ó Alcalde e o seu equipo de goberno trae ó pleno de maio a aprobación dos Orzamentos, que non saen adiante porque ó Partido Popular non negocia con ningún dos partidos da oposición pensando que ten maioría absoluta e saen rexeitados, como non podía ser doutra maneira. Coa non aprobación dos Orzamentos unha vez máis o partido no goberno poñía en risco a apertura da residencia. Esta situación fai que chegaramos a uns límites insoportables para a cidadanía que estaba a demandar a apertura da residencia.
Chegados a este punto, ou non facemos nada, poñendo así en risco que a residencia non poda abrir nesta lexislatura, algo que suporía un caso inédito e nos iríamos seguramente ó ano 2020, un insulto a todo o pobo de Foz que non imos a permitir. Así como de fartos están os veciños e veciñas do noso pobo así estamos nós. Polo tanto vémonos na obriga de deixar aparcado calquera tipo de interese electoral, tomar unha decisión e propor unha negociación.
Polo tanto, se o Alcalde e o seu equipo de goberno quere o noso voto a favor do PEF, estes son as nosas condicións:
Garantir a apertura da Residencia de Anciáns no presente ano 2018, sen máis demoras.
Que ningún residente que acceda a unha praza destine máis do 75% da súa pensión a cubrir os gastos derivados desta. Polo tanto debe ir incluído no PEF a cantidade necesaria (que dende a nosa formación estimamos sería necesario destinar 200.000€ mais ou menos) para subvencionar por parte do Concello o resto dos gastos que se deriven do acceso a dita praza. Este é o punto máis importante, posto que FPF quere garantir que os nosos anciáns dispoñan de prezos homologables ós dunha residencia pública.
No capítulo de gastos e obras a facer mediante este PEF se inclúan as que figuran a continuación,
Plan de Emprego 2018 pase de 100.000 a 120.000€
Mellora da traída da auga no barrio de Mañente, 30.000€
Finalización e acondicionamento da Rúa Fonte da Cruz, 50.000€
Aglomerar en quente o Camiño de Pedrido na parroquia de Nois, 20.000€
O Alcalde de Foz ten na súa man sacar adiante a apertura da Residencia e Centro de Día de Foz.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



