Mondoñedo 2-6-18. “A Asociación Cultural O Pasatempo ten a honra de anunciar a Presentación e Proxección da pelicula “Dhogs”, do director meirense Andrés Goteira, a cal foi galardoada con 13 estatuillas nos recentes “Premios Mestre Mateo” do audiovisual galego. Será o Domingo 10 de Xuño ás 20h no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo. Posteriormente, haberá coloquio para saber máis da rodaxe e outras curiosidades coa presenza do citado director Andrés Goteira e co productor executivo Adrián Folgueira.
A Asociación O Pasatempo é orgullosa mecenas do proxecto, xa que a pelicula saiu adiante gracias ó micromecenazgo a través de páxina web. Como curiosidade, xa no ano 2014 nas “II Xornadas de Curtametraxes” realizadas por esta asociación en Mondoñedo, o director estivera presente mostrando curtas súas e explicando o proxecto da pelicula Dhogs.”
