Ribadeo, 15 de xuño de 2018. Ribadeo contará con 15 socorristas para as tarefas de vixilancia nos seus areais durante o verán e con tres técnicos sanitarios. Doce comezan a traballar hoxe, un incorporarase o día 20 e outros dous farano a partir do 1 de xullo.
O Concello sacou a concurso 20 prazas para socorristas, pero presentáronse menos e son contratados 15.
A concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, sinalou que “vimos sufrindo dende hai varias tempadas un problema tremendo para cubrir as prazas que sacamos na convocatoria por mais que nos esforzamos dende o Concello. Pretendemos millorar a operativa de salvamento dotando do maior numero de efectivos posibles para poder atender a demanda existente durante os meses de verán dunha maneira organizada e eficaz”.
A edil nacionalista subliñou que “melloramos as condicións laborais do persoal, aumentando o tempo de contratación e o salario. Empezamos a planificar o traballo con antelación para que todo encaixe, e, chegado o momento ocorren estas cousas, que non se presenta persoal suficiente. Toca polo tanto, reestruturar o planificado cos recursos que temos e comezar coas mesmas ganas”.
Paz Ermida engadiu: “alégrame moito ver que gran parte do equipo co que imos traballar este ano, estivo xa con nosoutros en anos anteriores. Confío na súa profesionalidade e na súa entrega e agradezo que se tomen en serio o seu traballo. É algo que temos moi claro dende o Concello. Queremos profesionais nas nosas praias, e para iso tamén é necesaria a nosa implicación como goberno. Detrás de todo isto hai un traballo técnico importantísimo, moito máis complicado e con mais limitacións e atrancos do que se poida imaxinar, pero tamén hai ganas de facelo ben e con moi boa disposición”.
A concelleira ribadense referiuse tamén á bandeira da Q de Calidade Turística que acaban de conseguir as praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas: “tanto estes galardóns como as bandeiras azuis son recoñecementos ao traballo, a evolución e ao esforzo. Merecidos cando os conceden e tamén cando os retiran”.

























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



