Ribadeo, 27 de xuño de 2018. A axenda cultural do Concello de Ribadeo para o terceiro trimestre do ano comezará coa Feira do Libro, coas antevésperas e coas vésperas do Ribadeo Indiano. Ao longo destes tres meses terá lugar a XI edición de Mariñarte, o 8º curso de iniciación ao jazz, o SonRock, a proxección de Dhogs, e as actuacións que o Mago Antón ofrecerá en Cedofeita e en Ribadeo. Actividades para os nenos e nenas, exposicións e moita música completan a programación cultural presentada esta tarde no Concello.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, salientou que “hai distintos xéneros e actividades. En artes plásticas vai haber unha exposición de Cris Andina no Forte de San Damián, que leva por título Outra pel, outro rostro, para que coñezamos un pouco máis o mundo da escena en Galicia. Toda unha serie de actores e actrices coñecidos por nós, pero desde a súa faceta máis humana. Tamén teremos a XI edición de Mariñarte cunhas conversas especiais entre a arte de Lucía Vila e de Cris Basanta”.
O edil contou que “desenvolvemos este ano, cun pouquiño máis de intensidade, a nosa intención de levar a cultura ás parroquias. Queremos destacar especialmente a achega que facemos o 15 de xullo, data na que nos vai visitar o mago Antón co seu espectáculo. Vai estar en Cedofeita, con dúas sesións pola mañá, e pola tarde estará en Ribadeo, no parque de San Francisco, con catro pases”.
Graña seguiu a relatar que “sempre está presente a música no verán, e a Coral Polifónica de Ribadeo vainos deleitar co seu bo facer musical tanto no clásico concerto de verán como no concerto da patroa. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofreceranos distintas actuacións, o día da patria, o concerto das bandas, o que dá en Cabanela cando a asociación Amadores da Música fai a súa churrascada, e o concerto tradicional de San Roque. A última actuación do verán da Banda de Música de Ribadeo será o seu clásico concerto de música de cine. Tamén haberá música por parte de ribadenses novos. Teremos un concerto de Guillermo Cruzado Martín ao piano, e Mbira Dúo, concerto desenvolvido por Irene Rodríguez e Noé Rodrigo. Ademais Calabash e A Gramola ofrecerán unha actuación no Teatro. Teremos o clásico SonRock de Ribadeo, que nesta ocasión contará coa presenza de Remakers e Tregua. Teremos a visita como todos os veráns de I colori de l´Armonia e o seu concerto de música clásica, e a oitava edición do Curso de Iniciación ao Jazz, á improvisación e á música moderna de Ribadeo cuxos integrantes ofrecerán tamén un concerto de clausura”.
O concelleiro de Cultura dixo que “tamén hai colaboración doutras entidades. Así a asociación cultural Amigos da Gaita, que se encarga da organización da Xira, levará a cabo a organización do pregón da Xira. A agrupación cultural Francisco Lanza desenvolverá o seu clásico Palabras no balcón, que incluirá recital de poesía e música. Desenvolvemos ademais o programa Apego con actividades de animación na rúa para críos con distintos grupos de monicreques, teatro de títeres e, en setembro, unha sesión de promoción da lectura na biblioteca municipal El Viejo Pancho. Teremos ademais cine. Para rematar este verán proxectaremos cara a finais de setembro a película Dhogs, un éxito dunha produtora de Meira que está tendo unha gran acollida por parte do público”.
Farruco Graña quixo destacar que “todo o verán é unha festa, todas as parroquias de Ribadeo van estar desenvolvendo festas, as festas patronais, as festas de San Roque, as de Cedofeita, de Arante e demais, así que animamos a todo o mundo a participar nelas. Lembrar que aqueles actos que está previsto que se desenvolvan na rúa, sempre temos como alternativa o Teatro de Ribadeo por se hai choiva. É unha programación pensada para os veciños e veciñas de Ribadeo para que gocemos do verán ribadense, e tamén para aquelas persoas que nos visitan”.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



