Foz, 15 de xuño de 2018. O vindeiro luns, día 18, terá lugar en Foz un curso de coctelería. Está organizado polo Centro Comercial Aberto e será impartido por Iago Rivas Eiroá, que obtivo o 2º posto na semifinal noroeste de España no Get Started de Otc Group Monin 2017, o 3º posto na final nacional de España Get Started de Otc Group Monin 2017, o 2º posto en Milksology by Président en Madrid Fusión 2017 campionato de España, 2º posto no campionato nacional de Xefes de Bar en Segovia 2018 e tamén foi campión de España no campionato galego Milksology by Présidente en Madrid Fusión 2018.
Segundo explica o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, “trátase dun curso de iniciación á coctelería, que será impartido no café bar Marexada entre as cinco e as oito da tarde”. E engade que “a proposta tivo moi boa acollida entre os nosos asociados e asociadas e as 15 prazas ofertadas están completas”.