Ribadeo, 25 de xuño de 2018. O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, ampliará a súa oferta para o vindeiro curso 2018-2019 co fin de axudar ás familias a conciliar a súa vida persoal e laboral. Algunhas das novidades son que o programa Madrugador comezará ás 7:45 horas (45 minutos antes que ata agora), ofrecerán o almorzo aos escolares e haberá descontos no servizo de comedor, que conta con cociña propia. Ademais no Sagrado Corazón tamén se implantarán máis actividades en soportes dixitais.
A xefa de estudos do centro, Begoña Sanjurjo, anuncia: “imos ampliar o programa Madrugador no vindeiro curso. Esta medida ven completar o esforzo do centro por axudar ás familias a conciliar a súa vida persoal e laboral. No curso 2018-2019 as familias poderán facer uso do plan Madrugador desde as 7:45 horas, incluíndo neste servizo o almorzo para os rapaces. Somos conscientes de que hai moitas familias que empezan a traballar ás oito da mañá e necesitan deixar aos nenos no colexio antes. Parécenos que levantalos para traelos xa almorzados é moi complicado, entón imos incluír o almorzo para os rapaces. Tamén se pode vir a esa hora, ás oito ou ás oito e media, sen almorzo”.
Begoña Sanjurjo salienta que “no noso colexio, para facilitar a vida familiar, o alumnado das distintas etapas ten diversas actividades que poden axudar ás familias. Por exemplo en educación infantil temos unha muda no centro para cada neno, así en caso de necesidade facemos uso dela e evitamos que os país teñan que desprazarse ata o centro para cambialos. Tamén é flexible a hora de entrada deste alumnado e pode entrar ás nove e media, que xa están os profesores desa etapa no centro, ou ás dez”.
A xefa de estudos engade: “temos servizo de comedor, con cociña propia, e este curso haberá descontos no prezo do comedor, que son 98 euros por mes, agás os meses de decembro, setembro e xuño que son 77 euros. A partir de setembro, para as familias que teñan dous fillos ou máis, o segundo fillo serán 75 euros e o terceiro fillo terá outro desconto. Despois de comer os nenos fan actividades diversas segundo as idades. No recreo do mediodía o alumnado de tres e catro anos descansa en dúas aulas, que lles chamamos as aulas de sono, e o resto teñen ben actividades extraescolares ou a biblioteca e o patio á súa disposición. No patio hai coidadores e na biblioteca un profesor do centro que se encarga de que estean facendo tarefas, lendo ou xogando ao xadrez ou a algún outro xogo de mesa. Iso é para os máis pequenos, pero os alumnos da ESO só teñen clase os luns pola tarde, que é cando fan uso do servizo de comedor e teñen un profesor ao seu coidado ata que entran ás clases, ás tres e media. Os martes, mércores e xoves, que non teñen clase pola tarde, de tres e media a cinco hai profesores que están con clases de reforzo ou estudos vixiados na biblioteca”.
Sanjurjo explica tamén que “as actividades extraescolares témolas no patio do recreo ás cinco da tarde. As máis demandadas son multideporte, informática e guitarra. Tamén temos unha de inglés, que serve para conseguir o título oficial. Outra actividade da que todos estamos moi orgullosos é a do coro. Agora mesmo temos un coro de 80 nenos, desde 1º de Primaria ata 4º da ESO. É unha actividade xenial porque viaxan, fan amigos doutros sitios, ven que hai outros nenos cantando; é unha actividade que desenvolve moi ben o traballo de equipo e todos estamos moi orgullosos do ben que o fan”.
A xefa de estudos adianta que “no curso 2018-2019 imos facer un esforzo tamén para implantar máis actividades que teñen que ver co mundo dixital porque temos claro que os nenos actuais son nativos dixitais. Esta faceta motívaos máis e failles aproveitar mellor o tempo. Por exemplo todo o cole imos ler en dixital, van ter tres libros obrigatorios, xogarase con eles e ademais van ter a disposición unha gran biblioteca por se queren ler outros libros. Algúns cursos tamén van traballar as matemáticas en dixital. Fixemos unha proba piloto este curso e os nenos de 1º de Primaria fixeron desde o segundo trimestre máis de 2.000 exercicios de matemáticas, xogan con eles e están moi motivados. En 3º da ESO na materia de Tecnoloxía imos incluír unha parte de Robótica, que tamén temos en Infantil e en 2º de Primaria”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



