Viveiro 6-6-18. O programa escolar “Xogando na Auga”, é unha iniciativa de sensibilización e divulgación do GALP A Mariña-Ortegal para achegar aos escolares do territorio do Ortegal (dende Mañón ata Valdoviño) ás técnicas de navegación en embarcacións de vela e de remo. Trátase de poñer en valor o acervo cultural relacionado coa navegación tradicional e as artes mariñeiras, tan importantes nestes pobos pesqueiros.
Levarase a cabo dende principios de xuño ata finais de novembro en coordinación cos centros escolares interesados en participar, e vai dirixido aos rapaces de 5º e 6º de primaria, toda a educación secundaria e bacharelato, en total 635 escolares.
As actividades realizaranse no encoro As Forcadas (Valdoviño) ou nas rampas, pantaláns e zonas marítimas, que dispoñan das condicións axeitadas, situados nos concellos dos centros beneficiarios do programa. Durante tres horas os rapaces recibirán unha unidade didáctica con tarefas e explicacións divididas en dous bloques de contidos: os adicados á navegación a vela, e os adicados ó piragüismo e a navegación a remo.
Actividades de modalidades deportivas tradicionais como a vela lixeira e o piragüísmo misturaranse con outras máis recentes como o kaiak polo e o paddle board para configurar unha experiencia recreativa e educativa de contidos eminentemente procedimentais. Trátase de que os rapaces teñan un primeiro contacto coa navegación e adquiran unhas habilidades rudimentarias que lles servan para gobernar unha embarcación con ventos froxos e sobre unha lámina de auga moi estable. Orientarse respecto ó vento, crear unha palanca co remo, facer unha virada, manexar a caña do temón, cazar as velas, colaborar cos compañeiros e divertirse na auga son exemplos dos contidos obrigatorios desta sesión.
Ademais, ofrecerase información sobre o GALP A Mariña-Ortegal, os seus recursos e a labor desenvolvida polo Grupo no territorio, a través dun vídeo de presentación; así mesmo distribuiranse nos centros participantes, trípticos informativos sobre a Estratexia e as axudas do GALP, para que tanto os rapaces como os profesores servan de transmisores da información, e así pode chegar a unha maior parte da poboación e podan xurdir novas iniciativas emprendedoras.
Os centros interesados poden informarse no seguinte enderezo electrónico: xogandonaauga@gmail.com
Este pasado luns comezou o programa con 47 alumnos do IES Cabo Ortegal de Cariño e 29 do IES de Ortigueira, que a pesar da chuvia, levaron a cabo as actividades no encoro As Forcadas, e atravesárono dende a parroquia de Vilaboa ata Loira.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



