Cervo, 6 de xuño de 2018.- O Concello de Cervo acollerá os vindeiros 23 e 24 de xuño o campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol térmico.
A cita desenvolverase no Encoro de Río Cobo, e está previsto que participen medio cento de embarcacións, da man dunha vintena de pilotos procedentes de Cantabria, Valencia, Castellón, Madrid, Andalucía e Galicia.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, mantiveron un encontro na Sala de Xuntas do Concello co Presidente da Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, co Vicepresidente, Francisco José Pereira, co delegado da Federación na provincia de Lugo, José Soto e co piloto e árbitro Emilio Cadaveira, a fin de perfilar o evento deportivo do que Cervo será sede por terceira vez.
Tal e como sinalou Villares nesta ocasión os tres mellores pilotos de cada categoría serán os campións de España directamente, porque, a diferencia da pasada edición, esta vez hai unha proba única, a nosa, cremos, polo tanto que esta “é unha oportunidade única para dinamizar e aproveitar dun xeito diferente o noso encoro, que será sen dúbida un punto de encontro atractivo para os amantes desta disciplina, pero tamén para todos aqueles veciños e visitantes que desexen ver de balde un espectáculo singular ao aire libre da man dos mellores pilotos a nivel nacional”.
Ademais, -engadiu- “é sen dúbida unha boa plataforma para amosar e dar a coñecer a pilotos e acompañantes o noso municipio e os moitos atractivos que ten, e que gocen dunha fin de semana deportiva e turística ao tempo”.
Pola súa banda Soto apuntou que “traballamos por brindarlle á nosa veciñanza unha oferta deportiva ampla e diversificada, aproveitando todos os recursos e instalacións coas que temos o privilexio de contar, tentando facer de Cervo un muncipio identificado co deporte en todas as súas facetas e disciplinas”.
Na competición participan lanchas cunha lonxitude de 1,20 metros aproximadamente que chegan a acadar os 120 km/hora.
As probas son realizadas seguindo as normas da Real Federación Española e Galega de Motonáutica e distribúense en catro categorías:
•Ata 3,5 c.c.
•De De 3,6 a 7,5 c.c.
•De 7,6 a 15 c.c.
•De 15,01 a 35 c.c.
O número máximo de participantes por categoría non poderá ser superior aos 15. Correranse tres mangas por categoría, de 30 minutos por categoría, das que se puntuarán as dúas con mellores resultados. En caso de empate terase en conta a puntuación da terceira manga.
O Concello de Cervo fará entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría; que se farán con título de campións de España.
O horario das probas será o seguinte:
-Sábado, 23 de xuño .- A partir das 10:00 horas comezarase a formalizar as inscricións e haberá adestramentos libres ata as 13:00 horas. A partir das 16:00 horas darán comezo as mangas de cada categoría
-Domingo, 24 de xuño .- de 9:00 a 10:00 horas adestramentos libres. A partir das 10:00 horas realizaranse as mangas restantes.
O circuíto consistirá na habitual “M”, usada neste tipo de competición de 100×50 metros, aproximadamente.
Todos os participantes terán que estar en posesión da correspondente licencia de piloto, co selo de habilitación da Real Federación Española de Motonáutica correspondente ao ano 2018.
Non existe límite de idade para os pilotos; aínda que os menores de 18 anos deberán aportar autorización do titor legal.
Todas as lanchas deberán estar provistas dun sistema silenciador efectivo e suficiente, como para non emitir un volumen de son superior aos 85 db a unha distancia de 22 metros.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.