Celeiro, 25 de xuño de 2018. O vindeiro xoves día 28 de xuño, celebrarase a “Xornada de Innovación nas Empresas Pesqueiras” no local da Confraría de Pescadores de Celeiro, organizada pola OPP77 PUERTO DE CELEIRO, S.A.
A OPP77 continúa reforzando os servizos aos asociados celebrando a segunda xornada prevista neste ano 2018 no Plan de Produción e Comercialización da OPP77, coas que se presta asistencia aos asociados da OPP naqueles aspectos que lles axuden a mellorar a xestión das súas empresas pesqueiras.
O Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro vixente para o período 2014-2020, establece entre os seus obxectivos a mellora da rendibilidade económica no sector pesqueiro e para elo propón unha serie de medidas de asistencia e formación aos membros das OPP, que se poden vehicular a través dos Plans de Produción e Comercialización.
Respondendo a este reto a OPP 77 iniciou en marzo pasado unha xeira de xornadas, a primeira delas centrada nos aspectos mercantil, fiscal, de prevención de riscos laborais e boas prácticas en xeral na xestión de empresas pesqueiras.
Esta nova xornada, centrada na aplicación da innovación no sector da pesca e nos exemplos de aplicacións de innovación para a superación dos retos do sector pesqueiro, traerá a Celeiro a empresas como SIMRAD ou SATCOM, e tamén contará coa participación dos CEO de INXENIA e KALEIDO que presentarán a ACELERADORA DA PESCA, iniciativa privada de obtención de tecnoloxías dispoñibles no mundo para aplicalas a pesca en tempos récord.
A apertura da xornada correrá a cargo de Eduardo Míguez, adxunto á dirección de PUERTO DE CELEIRO e terá unha duración entre as 10:00 e as 13:300 horas, aberta a medios de comunicación.
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



