Ribadeo, 14 de xuño de 2018. Finalmente hoxe, xornada despexada e sen nubes, un helicóptero sobrevoou Ribadeo para comprobar as fincas que quedan pendentes de dar cumprimento á lei de incendios de Galicia. No prazo dunhas dúas semanas a empresa encargada de realizar este traballo entregará as ortofotografías tomadas hoxe, que se plasmarán en planos a escala para poder determinar o grao de cumprimento da normativa en cuestión. Será despois cando se envíen comunicacións administrativas aos propietarios que non cumprisen a lei aínda para que o fagan. O custe deste traballo, a realización das ortofotos cos planos a escala e o helicóptero, é duns 7.000 euros máis IVE, que lle será repercutido a aquelas persoas que non cumpriron coa lexislación vixente.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “hoxe, tal e como anunciamos hai uns días, iniciamos os traballos que o Concello contratou para a supervisión do cumprimento da lei de incendios de Galicia por parte dos propietarios das masas forestais que están ao carón das vivendas e dos núcleos de poboación, especialmente das especies pirófitas como son os eucaliptos, os piñeiros ou mesmo as acacias”.
O rexedor explicou que “un helicóptero sobrevoou o termo municipal de Ribadeo para fotografar todo o territorio, e agora nos vindeiros días esta empresa, á que lle contratamos o traballo, entregaranos ao Concello o resultado do mesmo que é consistente en adaptar estas fotografías, concretamente estas ortofotos, a planos escala onde se poida determinar con precisión, segundo os datos que se establecen nos rexistros públicos como pode ser o catastro, cales son as parcelas que están incumprindo o que se dispón na lei de incendios de Galicia”.
Fernando Suárez puntualizou que “esta contratación destes sistemas técnicos modernos é así porque hoxe, a día 14 de xuño, seguimos sen ter resposta do apoio que en diversas ocasións solicitamos da Xunta de Galicia, tal e como se recolle na lei de incendios de Galicia, concretamente no artigo 7, para que a propia Xunta nos puidese prestar apoio técnico e económico para tal fin”.
Suárez Barcia asegurou que “coa Xunta ou sen a Xunta nós imos facer todo o que está disposto na lei de incendios de Galicia, e queremos e pedímoslle encarecidamente a todo o mundo, que cada vez é menos, porque cada vez a xente vai cumprindo coas súas obrigas, pero tamén é certo que hai unha parte de xente que por un motivo ou por outro aínda non cortou, aínda non ten limpas as faixas de distancia de 50 metros coas vivendas e cos núcleos de poboación”.
O alcalde subliñou que “lles pedimos por favor a eses propietarios que o fagan porque agora, cando esta empresa nos entregue o resultado de todo este traballo, imos determinar quenes son os que están incumprindo aínda, enviaremos tal e como marca a lei un novo requerimento, e a partir deste novo requerimento se darán quince días de prazo como marca a lei para que executen os traballos. Se non é así poderá haber multa, poderá haber execución subsidiaria, ou poderá haber as dúas cousas, pero é algo que honesta e sinceramente desde o goberno municipal non queremos chegar a ningún destes estremos, pedímoslles por favor que fagan como fixeron os demais. Queremos dicir que, se non o fan, nosoutros desde o Concello iremos ata o final, e faremos cumprir a lei de incendios de Galicia que está vixente desde hai moitos anos, porque logo non queremos que haxa tensións, nin choros, nin que haxa un incendio e poña vidas en perigo. Non o queremos, non o imos tolerar, estamos traballando para que iso non sexa así e chegaremos ata o final”.
O rexedor sinalou que “a empresa dixo que, unha vez que fixera este traballo de campo para o que houbo que esperar practicamente quince días a que houbera un bo día sen nubes, en aproximadamente dez días, dúas semanas, teremos os traballos enriba da mesa”.
Fernando Suárez dixo que “este custo que o Concello ten que pagar, estes 7.000 euros máis IVE que son practicamente 9.000, é algo que o Concello pagará de inicio, pero despois o Concello vaillo repercutir aos infractores, aos que non cumpriron a norma. Polo tanto o Concello non ten porque asumir ningún custo disto”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



