Lourenzá 5-6-18.O Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa renova o título autonómico en categoría junior nas carreiras de montaña logrado a tempada pasada por Carmen López Diniz. Este ano tomaba o relevo natural Xana Rodríguez quen se impoñía no cumio do Trail de Vilatuxe de Lalín.
Xana entraba en meta cun tempo de 2 horas e 23 minutos, sendo a primeira atleta xuvenil e 14ª atleta feminina en cruzar a liña de chegada.
Xana segue así na hexemonía das carreiras de montaña, xa que obstenta os títulos cadetes autonómicos das tempadas 2015/16 e 2016/17.
