Foz 30-7-18. As xornadas de historia local organizadas pola asociación A Pomba do Arco continúan o martes 31 de xullo ás 20:30 na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz, cunha palestra palestra titulada “ A fotografía focega. 1906-1936” onde se propón unha viaxe a través da fotografía pola historia da localidade nas primeiras décadas do século XX, centrándose nos trabalos fotográficos de Alberte Bravo,Andrés Gamboa e Manuel Luxilde, os fotógrafos cos que contou en Foz nese período, así como na obra do ribadense Benito Prieto e do mindoniense Santiago Pernas. A charla que correrá a cargo de Xosé Ramón Ermida Meilán servira para proxectar cincuenta instantánea destes autores, entre elas a primeiras colección de postais da localidade, realizadas na década de 1910.
Segundo sinalou Xosé Ramón Ermida “ a palestra responde ao triplo obxectivo de recuperar o patrimonio fotográfico focego, restaurar a memoria daqueles pioneiros que marcaron os inicios da actividade no noso concello e de facer un percorrido pola historia de Foz nas tres primeiras décadas do século XX. A escolla deste marco temporal non é casual, xa que a partires de 1936 a historia da fotografía focega deixa de estar ligada a nomes como os Alberte Bravo,Andrés Gamboa, Manuel Luxilde ou Santiago Pernas e pasa a estar vencellada a nomes como os de “Manín”, un veciño de San Martiño de Mondoñedo, fotoxornalista do xornal La Vanguardia de Barcelona que retorna á localidade a finais dos anos corenta e sobre todo a Andres Carro e Rosa Moledo, os propietarios de Foto Celta que chegan a Foz fuxindo da persecución franquista e para cumprir unha pena de desterro imposta polo réxime pola súa militancia comunista”.
O relatorio de Ermida arrancara coa obra de Benito Prieto e Santiago Pernas, fotógrafos de grande preparación técnica e formación academicista, aos que corresponde o mérito no caso do primeiro de elaborar a primeira colección de postais de foz e no caso do segundo a autoría das primeiras fotos coloreadas da vila, só catro anos despois de que a técnica fose introducida no mercado. Alberte Bravo,Andrés Gamboa, Manuel Luxilde, pola súa banda, significanse como fotografos moi diferentes nos seus obxectivos e na súa obra fotográfico. Así, Bravo, un madrileño instalado en Foz á volta de 1915, sinalase como un fotografo popular que se dedica profesionalmente a esta actividade, sendo o autor en 1918 dunha importante serie de postais da vida. Pola contra, Gamboa, un focego fillo de toledano e dunha muller da Espiñeira, está movida por unha preocupación exclusivamente artística, significando a súa obra de carácter etnográfico e cinetifico, o que lle valeu importantes galardóns en diversos certames fotográficos internacionais, sendo colaborado de xornais tan prestixiosos como El pueblo gallego, ABC ou El Diario de la Marina de Cuba. Nunha liña semellante a de Gamboa, situase Manuel Luxilde Penelas, máis coñecido na localidade pola súa actividade como mestre de tantas xeracións de focegos, pero que se desenvolvou como fotografo en Foz ao longo de 25 anos.
As fotos que proxectará e explicará Xosé Ramón Ermida abarcan diversas temáticas e espazos fotográficos. Así, en relación con isto último, atoparemos fotos de diversos lugares da vila como perspectivas xerais, do Campo, da Carretera, do Porto, de Vilaxoane ou Marzán, pero tamén de San Martiño, A Espiñeira, Vilaronte, Mañente ou Fazouro. A viaxe fotográfica repara nos traballos no mar e no campo, nas actividades de ocio e lecer, no día a dia da comunidade ou nos factos e feitos significados, na perspectiva de restaurar a memoria da colectividade e utilizando as fotos para coñecer a actividade artística e creativa pero tamén as mudanzas na xeografía urbana a transformación urbanística do concello, o funcionamento dunha sociedade en mudanza, os cambios nos costumes ou na vestimenta e sobre todo facer posíbel unha historia social.
As xornadas terán continuidade o mércores 1de agosto, tamén na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz e no mesmo horario, as 20:30, terá lugar un conferencia de Xé Freire. O investigador mindoniense é un dos grandes coñecedores da comarca mindoniense no período da I restauración e achegáronos a ese momento histórico no concello de Foz. Un dos eixos sobre os que xirará a palestra de Freire é a relación mantida coa nosa localidade polos máis importantes intelectuais mindonienses, sinalándose entre eles Eduardo Lence Santar, o historiador mindoniense tan querido e coñecido por Freire e tan vencellado a Foz, onde pasou moitos dos seus veráns e aos que dedicou importantes investigación e tamén creacións literarias.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



