Viveiro 30-7-18. O concello de Marín acolleu o pasado sábado o Campionato Galego de 10 km en ruta, no que tomaron parte máis de 700 atletas de toda Galicia, que se congregaron na liña de saída ás 22 horas para recorrer os 10 km e chegar á liña de meta que estaba instalada na alameda. Do club Egovarros desprazáronse á proba 12 atletas, acadando dous subcampionatos galegos. Na clasificación feminina, a medalla de prata foi para Elisa Paz na categoría de W55, e nos homes o medallista foi Domingo Álvarez na categoría de M65. Outros atletas do club estiveron preto do podium como Susana Parguiña en W50 que obtivo o carto posto, o seu compañeiro de club Juan Menéndez tamén acadou o carto posto na categoría de M55, así como Silvia Diez que foi quinta clasificada en W40, os demáis atletas tamén fixeron unha gran proba que lles serviu de preparación para o Campeonato do Mundo que se celebrará na cidade de Málaga o próximo mes de setembro.
