Ese evento, que tivo unha duración de hora e media, empezou coa actuación de Calabash, que contou con 18 músicos e tocou sete temas; despois A Gramola, con 34 compoñentes, interpretou cinco pezas; e finalmente as dúas formacións tocaron conxuntamente outros tres temas. O concerto rematou co público posto en pe ovacionando ás dúas agrupacións, que interpretaron un bis, concretamente o tema Brasil.
