Burela 3-8-18. O Pescados Rubén Burela FS de Segunda LNFS arrincou onte a pretempada, con 7 novidades. Xunto a Edu, Luisma, Matamoros, Renato, Pope e Hélder, comezaron a adestrar Lucho e Vargas, dende o Levante UD, Iago Míguez, de Catgas Energía, Porto, do Prone Lugo, Juanfran, de Naturpellet Segovia, e Imanol, de Jaén Paraíso Interior, ademais de Pitero, que se suma ao proxecto laranxa dende a base. Con eles compartirá tamén estas semanas iniciais o xuvenil Néstor Valle, Nito.
Xogadores e corpo técnico tiveron a reunión de inicio de pretempada pola mañá na sede laranxa. Ás 17.30 horas, Vista Alegre recibiunos para o primeiro adestramento, cun pequeno percorrido tamén pola contorna do Monte Castelo.
O conxunto de Juanma Marrube completará esta semana con dobre sesión hoxe e mañá, na Bomboneira, pero tamén estrearán A Marosa. O sábado, tras o adestramento matutino, tamén terán tempo para gozar da Feira do Bonito.
Citas confirmadas
Xunto ao Torneo Burela Bonita, que se celebrará en Vista Alegre o 31 de agosto e 1 de setembro, con Palma, Santiago, Noia e Pescados Rubén, o conxunto laranxa tamén inaugurará a Copa Galicia nesta pretempada, antes do comezo ligueiro. Os mariñáns coñeceron onte o rival de dezaseisavos; será o Ribeira FS, de Terceira; a eliminatoria será a partido único, lonxe de Vista Alegre, e terá que disputarse entre o 9 de agosto e o 15 de setembro, data prevista para o inicio de liga de Segunda LNFS, coa visita de Gran Canaria FS.
Axenda feminina. O conxunto de Primeira RFEF, que comezará os adestramentos de pretempada o luns 20 de agosto, tamén coñece o calendario inicial de Copa Galicia. O Pescados Rubén Burela FS compartirá o Grupo 1 con Fisober e Valdetires, representantes de Segunda División, con prazo de resolver a primeira rolda entre o 15 de agosto e o 30 de decembro.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
