Mondoñedo 31-8-18. Este venres tivo lugar a presentación do cartel das festas patronais na honra á Virxe dos Remedios de Mondoñedo. O acto contou coa presenza da alcaldesa, Elena Candia; o concelleiro de Xuventude, Alberto García e os membros da comisión organizadora.
PROGRAMA FESTAS PATRONAIS DA VIRXE DOS REMEDIOS DE MONDOÑEDO
VENRES 7 DE SETEMBRO:
Ás 19 horas, sesión pirotécnica anunciando o inicio das festas patronais de Mondoñedo.
Ás 19:30 horas, Novena da Nosa Señora dos Remedios no seu Santuario (penúltimo día).
Ás 22 horas, V edición do Festival “Mamá quero Cantar” na praza do Concello.
A continuación, no mesmo escenario dará comezo a IV Festa da Xuventude, organizada pola Concellería de Xuventude, co concerto de Hugo Torreiro & Carlos Bau, co show #DosEnPunto . Sesión Dj para rematar a festa.
SÁBADO 8 DE SETEMBRO:
Ás 14 horas, sesión vermú co grupo SAMBA.
Ás 18 horas, partido de fútbol no Campo Municipal “Viñas da Veiga” entre o Mondoñedo F.C. e a U.D. Folgueiro.
Ás 17:30 horas, actuación do Mago Dani na Praza do Concello. ( Para público familiar).
Ás 19 horas, comezo da “VIII XUNTANZA DE CANTOS DE TABERNA DE MONDOÑEDO”. A saída terá lugar dende a Praza do Concello percorrendo os locais de hostalería. Organiza Gaita Escola.
Ás 19:30 horas, último día da Novena da Nosa Señora dos Remedios, presidida polo Excmo. e Rvdmo. S. Obispo de Mondoñedo-Ferrol, Don Luís Ángel de las Heras Berzal.
Ás 22 horas, verbena na Alameda coas orquestras SAMBA e GARIBALDI.
DOMINGO 9 DE SETEMBRO:
Ás 11 horas, sesión pirotécnica anunciando o día grande da patroa da cidade.
Ás 11.30 horas, saída das autoridades dende a Casa do Concello cara ao Santuario da Nosa Señora dos Remedios, acompañada pola Escola de Gaitas de Ortigueira.
Ás 12 horas, MISA DE OFRENDA Á VIRXE DOS REMEDIOS, presentada polo Ilmo. Sr. Alcalde do Concello de Ortigueira, Don Juan Penabad, e que será presidida polo Excmo. e Rvdmo. S. Obispo de Mondoñedo-Ferrol, Don Luís Ángel de las Heras Berzal . A misa será cantada pola “ Coral Polifónica de Ortigueira”.
Seguidamente terá lugar a PROCESIÓN polo itinerario de costume, acompañada pola Escola de Gaitas de Ortigueira.
Ás 13.30 horas, sesión concerto coa Banda Municipal de Música de Ortigueira. Na contorna da Igrexa dos Remedios.
Ás 14.00 horas, sesión vermú coa orquestra “RITMO JOVEN”.
Ás 17 horas, pasarrúas a cargo de Mondrum Percusión.
Ás 18.30 horas, concerto na praza do Concello da Banda de Música “Pascual Veiga” de Mondoñedo.
Ás 21.30 horas, verbena na Alameda coas orquestras RITMO JOVEN e NUEVA FUERZA.
Durante todo a xornada do domingo, terá lugar o “Mercadillo dos Remedios” na Avda San Lucas, con produtos artesanais e locais.
LUNS 10 DE SETEMBRO- LUNS DOS REMEDIOS (FESTIVO LOCAL)
Ás 12.30 horas, MISA DE COFRADES no Santuario da Nosa Señora dos Remedios, cantada polo “Coro Mindoniense”.
Ás 13.30 horas, comezo da sesión vermú con SALSARENA. A actuación prolongarase durante dúas horas.
Ás 20 horas, I Desfile de Traxe Tradicional Galego no Auditorio Municipal de Mondoñedo. Donativo de 2 euros en beneficio da Asoc. Sendeiriña, organizadora deste evento.
A COMISIÓN ORGANIZADORA AGRADECE AS APORTACIÓNS RECIBIDAS E DESÉXALLES FELICES FESTAS.