Foz 1-8-18. A Avda. da Mariña nos últimos dous meses veu incrementado o paso de vehículos considerablemente polas obras da Rúa Álvaro Cunqueiro. A nosa Formación na primeira reunión da comisión de seguimento da obra de Álvaro Cunqueiro xa manifestamos a nosa preocupación por este feito que se ía producir, pasar de haber pouco tránsito a todo o contrario como está a suceder, e preocupábanos considerablemente polo paso de peóns. Somos coñecedores de que é unha rúa peonil e que a velocidade está limitada, pero agora no verán as cousas non son como no inverno habendo moitos mais peóns o moito mais vehículos. Dende a nosa formación entendemos que deberíamos reforzar aínda mais a seguridade peonil pintando varios pasos de peóns para reforzar a seguridade.
Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Concello de Foz a pintar varios pasos de peóns na Avda. da Mariña para reforzar a seguridade dos peóns .