Lugo, 31 de xullo de 2018. O Pleno da Deputación aprobou a proposta do Goberno Provincial de pedir á Xunta de Galicia a declaración de praga da vespa velutina, medios económicos profesionais para combatela e o financiamento dunha campaña de trampeo masivo de raínas; ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a revisar e actualizar o protocolo de 2015 que leva por nome Estratexia de Xestión, Control e posible erradicación do Avispón Asiático ou vespa negra; e ás institucións Europeas a urxencia de abordar este asunto para definir unha estratexia comunitaria. Os 12 Deputados do PP non quixeron apoiar esta proposta ao considerar que non é necesario que o Goberno galego declare a vespa velutina como unha praga, comparando expansión ou os efectos deste especie coa da carracha.
O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, explicou que “a provincia sufre a vespa velutina dende o ano 2013 e a Xunta de Galicia, que é a administración coas competencias en medio ambiente na Comunidade, non fixo practicamente nada, deixando que Concellos e veciños lle fixesen fronte como puidesen, castigando coma sempre ao rural. Segundo os propios datos do Goberno galego, que non recollen a verdadeira realidade, a presenza da velutina multiplicouse por 4 en tres anos, pois no 2014 figuraban niños en 14 municipios da provincia e no 2017, data do último mapa que publicou a administración autonómica, facíano en 56 Concellos”.
Desdobramento integral do corredor Sarria-Nadela
O Pleno da Deputación de Lugo aprobou tamén, sen o apoio dos 12 Deputados do Partido Popular, a proposta do Goberno Provincial de instar á Xunta de Galicia a que amplíe o proxecto de conversión en autovía dos 25 quilómetros da VAP dende Nadela ao Sarria Centro, tal e como estaba previsto e cando conta co estudo íntegro de impacto ambiental, os desmontes e as expropiacións necesarias.
O Deputado do Goberno Provincial pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, lembrou que “foi o PSOE na Presidencia da Xunta o que deixou preparado o proxecto para converter esta infraestrutura nunha gran autovía que conectase co norte a través da A-6 e co sur coa A-76, ademais dos fondos suficientes para executala. 10 anos despois, co Partido Popular á fronte do Goberno galego, só se promove actuar en 11,5 quilómetros, cando o propio Feijóo prometeu publicamente levar cabo o desdobramento integral e que este estaría en funcionamento no 2013. Claramente mentiu e actúa ás agochadas”.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



