Burela, 6 de agosto de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, fai un balance moi positivo das actividades celebradas durante a pasada fin de semana na localidade. O rexedor considera que Burela foi o epicentro da Mariña e da provincia de Lugo coa Feira do Bonito, Produart, Amarte e o ciclo de cine Ultramar.
Alfredo Llano manifestou que “estamos moi satisfeitos porque realmente fomos o epicentro das actividades na comarca da Mariña e penso que incluso na provincia de Lugo durante a fin de semana. Celebramos conxuntamente varias cousas, pero a máis importante foi a 34 edición xa da Feira do Bonito”.
O alcalde subliñou que “este ano a Feira do Bonito foi espectacular en todos os aspectos, tanto no pregoeiro, que veu Fernando Romay e deulle un valor para difundir a Feira do Bonito, xa se sabe que estamos traballando para acadar o titulo de interese turístico nacional e a presenza de Romay favoreceu moito este tema”.
O rexedor contou que “se venderon aproximadamente 3.500 quilos de bonito e se distribuíron unhas 5.000 racións, que é moito, e ademais tivo unha preparación extraordinaria”.
Llano referiuse ao voluntariado que traballa na Feira do Bonito: “hai que ter en conta que esta feira é grazas ao voluntariado de xente que participa en todas as edicións. Evidentemente se non houbera este voluntariado para preparar, cociñar, partir e distribuír sería imposible. Ledicia é quen organiza todo e ten que contar con esta xente porque senón sería moi difícil. A Feira do Bonito foi moi ben en todos os aspectos, de venta, de atención e de organización”.
O alcalde burelés engadiu que que “tamén estivo a feira Produart de contido ecolóxico e de artesanía, que foi tamén un éxito. Si se fala con todos os participantes uns dirán que moi ben e outros que regular, pero a asistencia de xente foi espectacular. Onte, domingo, houbo varias excursións para a Feira do Bonito e para Produart. Houbo o ciclo de cine Ultramar, foi a primeira edición e contou con moitos espectadores. Foron moi interesante as películas que se proxectaron aquí, houbo participación cos actores e directores, e tamén se tratou o tema da guerra do bonito porque é interesante para dala a coñecer e o que interesa o bonito no noso concello. Tamén houbo o torneo de baloncesto 3×3, que foi un éxito de participación e encima entregou os premios Fernando Romay, co cal houbo un atractivo total”.
Sobre Amarte Llano declarou: “hai que destacar a segunda edición de Amarte, que é un concurso de pintura mural internacional. Este ano foi espectacular a calidade, os temas, e a forma en que está quedando o muro do porto, que pouco a pouco está gañando un atractivo para moita xente que ven exclusivamente para ver as pinturas. Este ano houbo tal calidade que foi moi difícil decidir cal ía ser o primeiro. As obras foron de moita calidade e foi realmente difícil decidirse por unha que destacara sobre as outras”.
O rexedor concluíu dicindo que “no conxunto estamos moi contentos porque realmente saíu todo moi ben, houbo organización en todos os aspectos, e houbo moito que ver en Burela, aquí ninguén se aburriu esta fin de semana, durante o venres, sábado e domingo. É de vital importancia para nós dado que toda esta xente, que roldaría entre 10.000 e 12.000 persoas aquí todos os días, vai significar moito para o futuro do noso concello dado que seguramente, segundo manifestaron moitos, desexan volver a este concello”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



