Segundo explican as monitoras de Gaia: “a actividade consistiu en dúas partes. Por un lado, en clasificar e depositar envases e restos de lixo que se soen atopar nas praias (cordas, plásticos, bolsas, redes, etc) no colector correspondente. E por outro lado, fixeron un xogo con tarxetas que representaban o lixo e que deberían colocar cada unha no colector correspondente”. A xornada desenvolveuse na praia de Ril cos rapaces que participan na Ocioteca que organiza a Delegación de Medio Ambiente durante todo o verán. “A través desta actividade preténdese fomentar o hábito da reciclaxe e a conservación do medio natural”, engadiron desde Gaia.
