Lugo, 6 de setembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este xoves no Club Kayak de Foz, a 56 edición da Travesía de Foz, que terá lugar este sábado, 8 de setembro, a partir das 16:30 horas. O evento deportivo reunirá a preto de 400 padexeiros, competindo en máis de 250 embarcacións de 30 equipos, chegados de toda Galicia e de Asturias. Na presentación tamén participou o Presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, xunto a outras autoridades.
O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta proba deportiva cunha achega 7.000 euros. Este investimento permite a organización desta tradicional Travesía, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón, veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.
Campos Conde remarcou que “para o Goberno da Deputación é todo un orgullo poder patrocinar esta cita deportiva que conta con tantos seguidores, tanto de Galicia como do norte Peninsular, e que xa é un todo un referente no mundo do piragüismo. Ademais, ao longo desta fin de semana, centos de persoas visitarán a vila de Foz, con motivo deste evento deportivo. Por iso, esta Travesía convertese nunha boa oportunidade para promover e dar a coñecer non só este municipio, senón tamén o conxunto da Comarca da Mariña, xerando, ao mesmo tempo, un importante retorno económico polo volume de persoas que reúne entre participantes e espectadores”.
Máis de 250 embarcacións
Máis de 250 embarcacións das modalidades K1, K2, C1 e C2 participarán o sábado a partir das 16:30 horas, nesta nova edición da competición, puntuable para a Liga Galega de piragüismo nas categorías sénior, xuvenil, cadete e veterano, masculinas e femininas. A proba pertence ao Grupo 1, converténdoa nunha das competicións con maior cantidade de puntos a repartir, e polo tanto do máximo nivel, dentro da Liga Galega.
30 equipos participantes
Os 30 equipos participantes nesta 56 edición da Travesía de Foz, son os seguintes: Club As Torres-Romeria Viquinga; Club Cofraria de Pescadores de Portonovo; Club de Mar Ría de Aldan-Hermanos Gandon; Club Piragüismo Cambados; Club Piragüismo Olivico; Club Piragüismo Ribeiras do Tambre; Club Piragüismo Viveiro; Club Depornautic Arousa; Club Deportivo Náutico de Miño; Club Deportivo San Ciprián; Club Fluvial de Avión-Catamarán Ribeira Sacra; Club Fluvial de Lugo; Club Fluvial do Barco; Club Kayak de Foz; Club Marítimo Tambo de Marín; Club Náutico de Cambre; Club Náutico de Cobres; Club Náutico de Pontecesures; Club Naval de Pontevedra; Club Piragüismo Cidade de Lugo; Club Piragüismo Narón; Club Piragüismo Río Verdugo; Club Piragüismo Altruan de Ribadeo; Club Piragüismo Fluvial de Allariz; Club Piragüismo Vilaboa; Club Ría de Betanzos; Escola Ourensá Municipal de Piragüismo; Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra; Grupo Xuvenil-Matojoma; Sociedade Deportiva As Xubias.
Colaboracións coas entidades implicadas
A achega de 7.000 euros para a celebración da 56 edición da Travesía de Foz enmárcase na aposta do Executivo Provincial polo deporte da piragua, con axudas aos clubs da provincia e a organización de diferentes eventos ao longo da tempada. Así, o Goberno da Deputación aposta pola celebración doutros eventos de piragüismo ao longo do ano, como por exemplo a Liga Provincial de Piragüismo, á que destina unha achega de 20.000 euros.
O Executivo Provincial tamén mantén unha colaboración coa Federación Galega de Piragüismo cun investimento de 85.000 euros, para o Programa de Promoción Provincial do Piragüismo, co que fomentar este deporte entre os rapaces e rapazas de toda a provincia achegando o piragüismo aos diferentes centros escolares.
Melloras de 200.000 euros en insfraestruturas deportivas de Foz
Campos Conde lembrou que, trala inauguración do hangar que utiliza o Club Kayak de Foz, e que supuxo un investimento de 100.000 euros da Deputación; o Executivo Provincial achegou un novo investimento para os veciños da vila doutros 100.000 euros para dotar dun novo céspede natural ao campo de fútbol Martínez Otero de Foz, onde realizan os adestramentos todas as categorías deste club e que empregan máis de 300 rapaces do municipio, xa que tamén adestran as Escolas Deportivas e os alumnos do Colexio.























Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
