Lugo, 26 de setembro de 2018.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anima a todos os Concellos da provincia de Lugo a integrarse no Sistema de Seguemento Integral de Violencia de Xénero (VIOGEN) nunha carta que remitiu aos 67 rexedores municipais.
Na carta, Isabel Rodríguez dá conta aos alcaldes e alcaldesas da recente aprobación do Real Decreto-Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento do pacto de estado contra a violencia de xénero, que fai realidade, explica a subdelegada, “unha vella demanda a nivel local que o Goberno do Estado acaba de levar a efecto, dita modificación devolve aos concellos as competencias en materia de igualdade e violencia contra a muller, fortalece a tutela xudicial, o acceso á xustiza e aos recursos de asistencia ás vítimas de xénero”.
A devolución de competencias na materia á Administración do Local, por ser a máis próximas ás vítimas, vai acompañada da transferencia de recursos económicos. A subdelegada do Goberno explica que “os fondos destinados aos programas dirixidos a erradicar a violencia de xénero para os Concellos (20 millóns de euros no presente exercizo e 40 millóns de euros en 2019), distribuiranse vía transferencia finalista e directa, ou a través doutras Entidades Locais.
En canto aos criterios de distribución dos fondos será a seguinte:
Unha cantidade fixa de 689 euros por Concello
Unha cantidade fixa por importe de 0,18 euros por habitante, no presente exercizo e tomando como referencia os habitantes de dereito ao 1 de xaneiro de 2017
O remanente que exista despois de aplicada a anterior repartición, distribuirase proporcionalmente entre todos os municipios incorporadoa ao Sistema de Seguemento Integral de Violencia de Xénero (VIOGEN)
CASOS E FONDOS PARA LUGO
Na provincia de Lugo rexistrábanse, a mediados deste mes, 466 casos de violencia de xénero activos, 251 deles con un nivel de risco non apreciado, 181 de risco baixo, 32 catalogados como risco medio, 2 de risco alto e ningún considerado de risco extremo.
Os 67 concellos recibirán máis de 106.000 euros e no exercizo de 2019 vanse superar os 212.000 euros. A esa cifra engadirase o remanente que recibirán os que se integren no programa Viogen.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



