Viveiro, 27 de setembro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá diversas actuacións de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica LU-102, que une a localidade de Celeiro coa cidade de Viveiro, ao seu paso pola zona coñecida como O Pirixel.
A iniciativa busca mellorar ou reforzar as características de seguridade viaria da estrada, de xeito que permita unha circulación o mais segura posible, nun tramo de grande concorrencia de tráfico, en especial durante os períodos de maior afluencia turística, xa que se emprega como percorrido alternativo á LU-862.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado por técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), presentou o catálogo de traballos que se prevén executar ao longo do próximo mes de outubro.
Descrición das actuacións
A primeira das actuacións propostas enmárcase nas obras de mellora do firme. Así, no treito non urbano está previsto mellorar as características superficiais do pavimento (textura e resistencia ao deslizamento) mediante a execución dun microaglomerado en frío que proporcionará unha gran adherencia neumático-pavimento .
Tamén está previsto incorporar resaltos termoplásticos sonoros nas marcas viarias que delimitan a calzada, que ademais de incrementar a visibilidade das mesmas, advirten de posibles saídas de vía aos conductores.
Asemade se instalarán na calzada dispositivos reductores da velocidade e bandas tranversais de alerta como medidas de “calmado do tráfico” co obxectivo de reducir as velocidades excesivas que se rexistran nesta vía.
Pola súa banda no treito urbano desta estrada, alí onde existen beirarrúas, está previsto rehabilitar o firme actual, co correspondente fresado e reposición das zonas deterioradas e disposición dunha nova capa de rodaxe.
Finalmente, tamén están previstas medidas de reforzo da sinalización horizontal e vertical, incluída a disposición sobre a calzada de varias advertencias do límite de velocidade permitida.
En resume todo un catálogo de medidas que busca evitar accidentes de tráfico, a súa periodicidade e gravidade, nunha vía na que a maior parte dos incidentes rexistrados están relacionados con excesos de velocidade, segundo explicou Balseiro.
Avda. Benito Galcerán
O delegado tamén avanzou que tratarán de executar os traballos de extensión da nova capa de rodadura de xeito complementario co desenvolvemento das obras de mellora que se acometen na avenida Benito Galcerán, actuación executada polo Concello pero financiada ao cen por cen pola Xunta de Galicia cunha axuda de 96.000 euros.
























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



