Foz, 14 de setembro de 2018. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, critica a deslealdade da Deputación Provincial de Lugo e concretamente do socialista Álvaro Santos, que volveu a Foz unha vez máis a plaxiar obras que solicitou o equipo de goberno. O rexedor engade que é un apropiamento e uso partidista das institucións. Ademais salienta que o PSOE de Foz nunca amosou ningún interese en arranxar a estrada da parroquia de San Martiño que visitou Álvaro Santos acompañado por representantes socialistas locais.
“Ao equipo de goberno do Concello de Foz sorpréndenos unha vez máis o señor Álvaro Santos facendo uso partidista dunha institución tan importante como é a Deputación de Lugo, porque volven plaxiar propostas que fixo o equipo de goberno do Concello de Foz, neste caso o arranxo dunha estrada da Deputación en San Martiño, que correspondía dentro do plan de arranxo de infraestruturas dos concellos, que foi pactada por todos os grupos na Deputación e que foi solicitada por este equipo de goberno”, manifestou Javier Castiñeira.
O rexedor municipal engadiu: “sorpréndenos que se atribúan agora esta obra cando nunca o Partido Socialista de Foz levou a ningún pleno nestes últimos catro anos o arranxo desa vía; e agora, unha vez que o solicita o equipo de goberno de Foz, pretenden atribuírse os méritos”.
Castiñeira subliña que “é unha deslealdade, un uso partidista absoluto das institucións e simplemente parece un plaxio máis do Partido Socialista, neste caso de Foz, que se apodera dunhas obras que non as fai ningún partido político senón que as fai unha institución, como é a Deputación de Lugo, a petición do Concello de Foz”.
Ademais o alcalde de Foz pídelle a Álvaro Santos que “deixe de usar as institucións como ferramenta e trampolín político e, en todo caso, que se preocupe un pouquiño máis de buscar o motivo polo que no seu concello non ten o apoio dos seus veciños, e agora quere usar a Deputación precisamente para obter certos méritos. Polo tanto trasladamos unha queixa novamente ao presidente da Deputación para que lle pare os pés a este señor, que verdadeiramente está mostrando unha deslealdade absoluta ás institucións, neste caso ao Concello de Foz”.




















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



