Cervo, 17 de setembro de 2018.- O Concello de Cervo convidou á Valedora do Pobo a visitar a localidade e a escoitar á veciñanza do municipio.
A data fixada para este encontro é este xoves 20, de setembro, no auditorio da Casa do Mar de San Cibrao.
A mediodía, o rexedor e a Corporación municipal recibirán a Milagros Otero no Consistorio; e xa pola tarde, entre as 16:00 e as 18:00 horas, os veciños e veciñas de Cervo que así o desexen poderán achegarse ata a Casa do Mar onde a Valedora atenderá as súas preguntas, queixas ou suxestións.
Desde o Concello de Cervo convidan así á veciñanza e ao tecido asociativo do municipio a que participen neste acto aberto e baseado na transparencia e na independencia, “co que tamén pretendemos contribuír a visibilizar e dar a coñecer esta institución entre a cidadanía”, apuntou Villares.