Viveiro 7-9-18. O Tenente de Alcalde Jesús Fernández Fernández asistirá a vindeira semana, en representación do Concello de Viveiro, o “I Foro europeo sobre celebraciones de Semana Santa y Pascua”, que terá lugar os días 11 e 12 de setembro na cidade cordobesa de Lucena.
O Concello de Viveiro foi invitado a participar neste foro que ten como obxectivo, entre outros, a creación dunha rede europea orientada a promocionar o turismo cultural a partir das expresións culturais e relixiosas comúns.
O programa deste foro inclúe diversas conferencias (nas que, entre outras cuestións, se analizará a importancia da Semana Santa como recurso cultural e produto turístico ou o seu valor como patrimonio material e inmaterial), a 1ª asemblea da “Red Europea de Celebraciones de Semana Santa y Pascua” ou a presentación do patrimonio de Semana Santa e Pascua das cidades e rexións participantes; nesta parte dedicada á presentación das cidades participantes, que terá lugar na tarde do martes 11, é na que se inclúe a presentación do Concello de Viveiro. Durante a exposición que se realice, o Tenente de Alcalde intervirá para dar coñecer a historia da nosa Semana Santa, facendo fincapé naqueles aspectos que a fun único e realizando unha pequena exposición das súas confrarías e procesións.
A presenza do Concello de Viveiro neste evento servirá para promocionar o municipio e mais a nosa Semana Santa, sendo invitado a participar grazas á importancia, valor e recoñecemento desta celebración, que dende 2013 conta coa distinción de Festa de Interese Turístico Internacional; a participación de Viveiro neste foro debe entenderse como un paso máis no intenso traballo que nos últimos anos se vén levando a cabo por parte do Concello de Viveiro e da Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro a favor desta festividade consolidada como un das nosas señas de identidade.