Foz 29-09-2018. Estamos satisfeitos de que a moción presentada polo grupo municipal socialista, saíse adiante a pesar da abstención do PP. Esta é unha moción moi beneficiosa para moitos dos nosos veciños e foi moi ben acollida – sinala Chema Linares portavoz do grupo municipal socialista- tras unha visita, na parroquia de San Martño, aos propietarios dunha das poucas granxas de leite que, na actualidade, quedan en Foz.
Estamos a tres meses de acabar o ano e é necesario poñerse xa a traballar sobre a modificación da ordenanza do IBI para que poida entrar en vigor o ano próximo – continúa explicando Linares – desde o PSOE de Foz instamos ao alcalde e aos demais membros da corporación para que, xunto aos técnicos municipais, traballen para modificar dita ordenanza a efectos de introducir as bonificacións acordadas.
A bonificación ás explotacións agrícolas e gandeiras, que pode alcanzar ata o 95% da cota do imposto, está suxeita a determinados requisitos como estar de alta no Imposto de actividades económicas e estar ao corrente en todas as súas obrigacións fiscais. Trataríase de favorecer a aquelas explotacións que teñan en función dos membros da familia dedicados á exploración ou que fomenten o emprego, entre outros baremos. Esta medida beneficiaría ás instalacións necesarias para desenvolver a súa actividade, a alpendres, naves, cortellos ou invernadoiros, non á vivenda habitual.
O sector está a pasar por dificultades económicas hai tempo e esta medida podía contribuír a aliviar a súa maltreita economía e fomentar a fixación de poboación no rural onde a substitución xeracional está en decadencia.
Tamén – prosegue Linares – queremos agradecer á asociación de familias numerosas o seu apoio á iniciativa presentada para bonificar no IBI a este tipo de familias. En Foz existen actualmente unhas 79 familias numerosas rexistradas, das cales o 94% son de tipo xeral, é dicir de tres ou catro fillos. E aínda que habería que baremar en función do valor catastral da vivenda ou da renda as mesmas, estariamos a falar, segundo os nosos cálculos, dun impacto duns 12.000 euros máis ou menos na recadación do imposto, cantidade perfectamente asumible polo Concello, pero beneficiosa e necesaria para a economía destas familias numerosas.
Independente dos informes que poida emitir intervención, esta é unha decisión política na que, a nivel recaudatorio, o impacto global da aplicación de todas as bonificacións aprobadas, sería moi inferior á baixada do tipo de gravame que se acordou, hai un ano, por consenso da corporación. Así mesmo, debemos lembrar que son unhas bonificacións que está suxeitas á petición propia e concesión por parte da corporación, previa valoración de todos os requisitos necesarios. – remata Linares.




















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.