Lugo, 6 de outubro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, participaron este sábado na XXVIII Edición da Festa da Faba de Lourenzá, un produto de primeira categoría e que conta con IXP, e coa que colabora o organismo provincial.
Campos Conde avanzou que o Goberno da Deputación contribúe á promoción da faba de Lourenzá no marco do seu Plan Estratéxico de Turismo da provincia, como un factor de singularidade turística, capaz de atraer visitantes e xerar riqueza na provincia.
O Presidente remarcou a importancia da celebración deste tipo de eventos na Comarca da Mariña Lucense, xa que contribúen de xeito decidido a incentivar ás Comarcas e as nosas vilas. Ademais subliñou que a faba de Lourenzá conta co distintivo de IXP (Indicación Xeográfica Protexida), unha indicativo que da conta da súa calidade e do seu prestixio.
Un produto de primeira calidade con IXP
A faba de Lourenzá, conta con IXP (Indicación Xeográfica Protexida), está considerada entre as de maior calidade de todas cantas se producen na Península Ibérica. Esta legume conta cunha peculiaridade que é a de absorber o sabor como ningunha, ademais, unha vez cociñada, queda cremosa e suave como poucas. Son de gran tamaño, entre 19 e 26 mm., e cun peso entre 0,8 g. e 1,2 g. por unidade.
A semente, deste produto de primeira calidade, realizase entre os meses de maio e xuño, con semente certificada e a recolección realízase desde finais de agosto a finais de novembro, aínda que se poden atopar nos mercados durante todo o ano.