Barreiros 5-10-18. Seguimos saindo á rúa igual que as compañeiras e os compañeiros pensionistas de Mondoñedo, de Lourenzá, de Ribadeo, de Foz… e n tantos outros concellos do país. Non imos parar coas concentracións, non imos parar coas mobilizacións, porque o que ofrece o Pacto de Toledo é unha ínfima parte do que solicitamos na nosa táboa reivindicativa, e non temos nada que celebrar de momento, excepto o acordo de revalorizar as pensións en función do IPC, ainda que temos que ter en conta que o que se vai conseguindo a marchas forzadas é froito destas mobilizacións e de tantas outras que hai polo país adiante.
Non pararemos tampouco de mobilizarnos mentras non se teña em conta a realidade econômica, social e demográfica de Galicia, pois somos a comunidade coas segundas pensións mais baixas do Estado.
E temos que seguir loitando tamén contra eses titulares de prensa que dicen que os gastos das pensións “disparáronse” no mes de agosto, porque a suba que houbo non foi tal, foi algo que nos estiveron roubando, porque nós non temos a culpa de que as pensións estiveran conxeladas desde 2012, e a suba desde o 1 de xaneiro de 2018 debería ter sido desde o 1 de xaneiro de 2013.
As pensións son un dereito, e non son ningún despilfarro para o Estado, porque diñeiro sí que hai, o que pasa é que se reparte moi mal, e o problema é que os critérios de reparto márcano a banca e as grandes corporacións financieiras que presionan aos gobernos. E contra eso é contra o que temos que loitar para poder manter o Sistema Público de Pensións.
Por eso hai que seguir defendendo esta táboa reivindicativa:
– derrogación das reformas laborais
– aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos
– establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC
– blindaxe do sistema público de pensións
– pensións dignas e con poder adquisitivo
Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



