Este domingo desenvolveuse en Xove o primeiro acto do Programa Buxiganga coa actuación do grupo Metátase Teatro de Palas de Rei, poñendo en escea a obra O Euromillón. O Programa Buxiganga está organizado e coordinado pola área de Cultura da Deputación, contando coa colaboración do Concello. O vindeiro domingo, 11 de novembro, chegará a segunda e última función deste programa, na que o grupo Torta de Millo de Guitiriz porá en escea a obra “Innoveitin…ou algo”. Trátase dunha comedia, apta para tódolos públicos.
