Lugo 25, novembro, 2018. O Grupo Provincial do Partido Popular pedirá que o Orzamento de Suplusa para o vindeiro ano 2019 manteña unha partida destinada á xestión das residencias de maiores, xa que consideran que esta é a medida necesaria que permitirá garantir que o persoal seleccionado no 2015 para prestar as súas funcións nos centros de maiores promovidos pola Deputación reciba “algún chamamento e poida ser contratado”, ademais de asegurarse a apertura de Castroverde.
Os populares rexistrarán unha emenda a través da que trasladarán esta reclamación, ao considerar que se debe “ter un trato xusto con este traballadores, que se ven unha vez máis pisados por Darío Campos”. A este respecto, dende o Grupo Popular precisan que os socialistas recortan en torno a un millón de euros nas contas de Suplusa, o que implica que a sociedade non conta coa dotación económica para a xestión das residencias.
Neste senso, dende o Grupo Provincial do Partido Popular tamén se amosan críticos ante o feito de que sexa “a segunda vez que van ao Boletín Oficial da Provincia as contratacións de persoal para as residencias de maiores, cando nin tan sequera deron resposta aos profesionais seleccionados fai tres anos”. “Estamos ante un Goberno que despreza aos traballadores e usa o emprego de xeito electoralista”, engaden dende o PP na Deputación.
Respecto ao escenario de consenso de 2016
O Grupo Provincial do Partido Popular impulsou xa no ano 2016 un marco de consenso e de colaboración co único obxecto e compromiso de aprobar unha contas que permitisen “desenvolver proxectos na provincia e dar respostas ás necesidades dos lucenses”. Así, os populares piden que se respecte o escenario de coherencia adoptado no 2016, que permitiu a posta en marcha de iniciativas como o coñecido como Plan Único, e que a través das contas se lle dea tamén resposta aos compromisos e acordos plenarios aprobados.
Ademais, os populares, que abriron de novo as negociacións para acadar a aprobación dos vindeiros Orzamentos, rexistrarán emendas ás contas de 2019 a través das que pedirán, ademais da inclusión dunha partida para a xestión das residencias dende Suplusa, que se teñen en conta outras reivindicacións provinciais.



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).