Lugo 14 de decembro, 2018.- O Grupo Provincial Popular denuncia unha xestión “patética” por parte do Goberno da Deputación de Lugo “que se ve obrigado a improvisar e corrixirse a si mesmo cada ves que detectamos as súas mentiras”. “É unha verdadeira pena o pouco que teñen en conta un investimento e un servizo tan importante como o das residencias de maiores”.
Así, o PP desvelou onte que o anuncio e o prego de prescricións técnicas para a contratación das prestacións a persoas maiores nos centros de atención de Trabada e Ribadeo fixaba o prazo de execución no 20 de xuño. Tras facer pública esta información os socialistas corrixiron onte mesmo pola tarde esta data na propia plataforma polo 20 de marzo modificando o anuncio e o prego, pese a que xa fora publicado o pasado día 4 de decembro.
Censuran que o presidente explique nos medios que o prego non era o oficial cando onte mesmo pediron que fora corrixido, tal e como pode verse na información que se adxunta.
Anuncio:https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b0/DcqxCoAgEADQr2m-poigwcGl0aHSJQ496ugyDRH6-xofPHCwgotYecfCd0T5bQNREo7nEKigCG3Cngv6P8ACDhwHXQUsmXxwaVrV9cR6emaT5X7VOEK6LvUBHXrPtA!!/
“Estas maniobras dos socialistas evidencian que as advertencias do PP conseguiron que o Goberno da Deputación rectificara os prazos para a apertura dos centros”, explican. Pese a todo, a data de presentación de ofertas segue a ser o 7 de xaneiro e a data estimada da apertura da súa apertura segue sendo o 11 de febreiro, polo que a data de apertura podería verse alongada.
A forma de proceder dos socialistas evidencia que “non teñen interese en poñer en marcha un servizo para os maiores, senón que o único que lles preocupa é o paripé electoral, como xa fixeron inaugurándoas no ano 2015, pese a mantelas pechadas”. “Os investimentos nas residencias nunca estiveron ao servizo da xente, senón dos prazos e obxectivos electorais do PSOE”, replican. Desde o PP lembran que tanto o centro de Trabada como o de Castroverde, co modelo aprobado, poderían estar abertas desde o mes de marzo.
O PSOE segue a xogar cos afectados
Os populares lamentan que desde o Goberno que dirixe Darío Campos se “xogue desta maneira” con todos os afectados, principalmente cos maiores da nosa provincia que seguen á espera de poder desfrutar dos centros, pese a que levan anos construídos e rematados e ao enorme investimento que se ten feito neles.
Critican que non só se viran obrigados a rectificar, tras as advertencias do PP, senón que ademais confirman que as residencias xa non van abrir este ano, tal como sostiveron durante varios meses, senón que retrasarán a súa posta en funcionamento “cando menos ata o mes de abril, curiosamente ás portas dunhas eleccións municipais”.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



