Alfoz, 17 de decembro de 2018. O pasado venres tivo lugar o fallo do XVI Concurso de Postais de Nadal dirixido a alumnos do CEIP Castro de Ouro de Alfoz e que organiza a Biblioteca Municipal, dirixida por Ofelia Adrio. O xurado estivo formado por Tamara Casabella Pardeiro, licenciada en belas artes, Xosé Blanco López, artista local antigo deseñador de Sargadelos, e Yolanda Blanco Rodríguez, mestra do CEIP Castro de Ouro. Unha vez avaliados os traballos, o xurado acordou conceder os seguintes premios:
Categoría Infantil A (ata 7 anos)
1. Mateo Pardiñas Hermida
2. Alicia Pedre Lastra
Categoría Infantil B (de 8 a 12 anos)
1. Lidia Expósito Goás
2. Inés Martínez García
Os premios entregaranse o vindeiro venres 21 no Centro Socio Cultural de Alfoz no transcurso do Festival de Nadal organizado polo CEIP Castro de Ouro de Alfoz no que participarán o profesorado e o alumnado de dito centro .
Ademais, o xurado decidíu que a postal utilizada para a confección do calendario que repartirá, un ano mais, o Concello de Alfoz sexa a realizada por Lidia Expósito Goás.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



