Este venres 28 ás 20:00 h, no Salón de Actos do Cenro Cívico, celebrarase o gran concerto de Nadal coa Orquestra clásica de Xove. A entrada é libre e gratuita.

A libraría Bahía acolle este xoves, 5 de xuño ás 20:30h, a presentación de dous libros: 'O villa de Pitanxo' de José Manuel Solla Santos, unha homenaxe aos mariñeiros que faenan nas augas de Terranova e un berro por aclarar a verdade dese terrible naufraxio. E por outra banda, 'A maxia da terra' de Isabel Peleteiro Vazquez, unha ollada ás mulleres que saíron cara América, unha revisión en feminino da emigración de ultramar. Estarán presentes a autora e o autor dos libros.
O programa dará comezo o 1 de xullo e ramatará o 29 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 h. Levarase a cabo a través dun proxecto de voluntariado xuvenil, que nesta edición conta con cinco persoas voluntarias do Concello.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
Foi o pasado venres, 30 de maio, na Finca San Antonio coa presenza de Agustín (porteiro do Madrid nos anos 80) en representación do club branco. Tamén estiveron presentes as Peñas de Viveiro, Xove e Ribadeo. Non acudiu, como estaba previsto, Tomás Roncero por problemas de saúde. No acto xuntáronse unhas 90 persoas.
O mandatario provincial trasladou persoalmente, en nome da institución provincial, as súas máis sentidas condolencias, así como o seu desexo dunha pronta recuperación para as persoas feridas. A continuación Tomé Roca asistiu á misa na igrexa parroquial e, posteriormente, participou na tradicional procesión ata o altar instalado na Nave de Redes do Porto. O percorrido realizouse sobre a alfombra floral elaborada polos veciños e veciñas da localidade, que este ano rende homenaxe á gastronomía e á figura do artista Xosé Vizoso.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, foi testemuña do fantástico traballo do alumnado que se afana en elaborar fermosas manualidades con moita dedicación e ilusión. Un espazo de creatividade e convivencia na Casa do Mar grazas á colaboración tamén de Adaoemam A Mariña
Este xoves 29 de maio, A A.C. Francisco Lanza organizaou a presentación de “Cartas na escuridade”, de Lois Pérez. Da man de Teresa González Piñeiroa, e do propio autor, xs asistentes descubriron aos poucos pequenas claves da obra que recibiu o Premio Follas NOvas ao mellor libro xuvenil.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital