Este mércores visitaron o Concello de Cervo María Pinín e Leonardo Alonso, en representación da unidade residencial da Asociación de axuda ao Enfermo Mental A Mariña; e tamén José Ángel Ferreira e Cesarina Pérez, da Fundación Eu Son, para entregar uns agasallos moi especiais para este Nadal (un arboliño decorativo feito por eles mesmos, e o tradicional calendario no que son os protagonistas, para o que contan coa colaboración do Concello de Cervo). Estiveron un anaco coa edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, e tamén co tenente alcalde, Plácido Pérez
