Ribadeo, 7 de xaneiro de 2018. A Concellaría de Servizos Sociosanitarios agradece a colaboración e a implicación da sociedade ribadense para que a campaña de recollida de xoguetes, que se realizou hai unhas semanas, fose un éxito. Foron moitas as persoas que fixeron doazóns a este departamento para que ningún cativo e cativa de Ribadeo quedase sen agasallos este Nadal, tanto en Papá Noel, como en Reis.
A edil Sonia Meilán dixo que “para min é un orgullo ver a solidariedade do noso concello nestas datas para que todas as nenas e nenos se ilusionen e reciban os seus agasallos de Nadal. Foron todos moi bos porque os Reis e Papá Noel entregaron moitos xoguetes en Ribadeo nos últimos días, segundo nos contaron”.
Mañá, 8 de xaneiro, toca volver ao colexio tras as vacacións das pasadas festas de Nadal. A concelleira de Servizos Sociosanitarios explicou que “coa volta ao cole volven tamén as clases de apoio que ofrecemos desde o Concello a alumnas e alumnos de primaria. Desenvólvense na Casa de Cultura polas tardes dous días á semana”. Sonia Meilán agradeceu “a colaboración das voluntarias e voluntarios, xa que grazas ao seu traballo e ao seu tempo podemos ofertar esta actividade durante o curso escolar”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



