Burela, 9 de xaneiro de 2019. A Semana Santa de Burela será a protagonista da exposición que se inaugurarou este venres, 11 de xaneiro, na Deputación Provincial de Lugo. Alí poderá visitarse ata o 27 deste mes. Para o alcalde burelés, Alfredo Llano, trátase dun bo escaparate para dar a coñecer a Semana Santa burelesa.
O rexedor anunciou que “o próximo venres, día 11, vai haber a apertura dunha exposición da Semana Santa de Burela, que se titula Hai lugar para ti, e vaise facer ás cinco da tarde na Deputación Provincial de Lugo, na praza de San Marcos. Está organizada pola asociación cultural Semana Santa de Burela e o Concello tamén quere colaborar e aportar o que poidamos para que a esa inauguración vaia o máximo de xente posible. Queremos animar a que as persoas que dalgún xeito queren estar alí presentes para esa inauguración que se aproximen se poden ata Lugo”.
O alcalde subliñou que “vai estar nunha das mellores salas de exposicións que hai en Lugo, na propia Deputación. Penso que vai ser un bo escaparate para ver o que se fai en Burela e darlle unha importancia grande tanto á organización como á propia Semana Santa de Burela. Creo que é unha boa motivación para achegarse a vela e dicir que en Burela tamén se están facendo cousas para atraer, promover e dar categoría ás procesións na nosa Semana Santa”.
Alfredo Llano engadiu que “vai estar aberta desde o 11 ata o 27 de xaneiro. Vai estar nunha sala extraordinaria e moi espectacular. Vai ser bonito, é unha exposición ben traballada. Quero animar aos veciños e tamén á xente que se atope por alí da comarca, sería de agradecer que foran a visitala”.





















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



