Mondoñedo, 30 de xaneiro de 2019. A portavoz do Partido Socialista de Mondoñedo Esperanza González avanzou que o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade no Pleno de xaneiro unha moción socialista para realizar un censo de persoas maiores de 65 anos que viven soas ou acompañadas tan só por maiores de 65 anos no noso concello. E unha vez realizado este censo que os servizos sociais do concello avalíen anualmente mediante visitas aos fogares censados a situación de dependencia desas persoas.
A voceira socialista lembra que nestes momentos no Concello de Mondoñedo, segundo as estadisiticas, hai máis de 1.300 maiores de 65 anos, o que supón o 35% da poboación total de Mondoñedo. “As persoas maiores merecen unha atención especial debido a súa situación, xa que cada vez necesitan máis axuda e requiren mais asistencia persoal e sanitaria. Por iso entendemos que debemos de deseñar as medidas necesarias para poder mellorar a súa calidade de vida, poñendo os medios necesarios e creando ou aumentando os servizos a nivel individual e social”, sinalou.
Nesta mesma proposta tamén se demanda que “unha vez se dispoña deses datos, e na medida do posible e da capacidade orzamentaria do Concello que se proceda a elaboración dun Plan de axuda para persoas maiores, co fin de deseñar e implementar as accións precisas para mellorar a súa cobertura social ante a situación de vulnerabilidade, desigualdade e desvantaxe na que se atopan”.
González Martín lembra que o Goberno da Deputación de Lugo achega 28.000 euros para atender a 60 usuarios do Servicio de Axuda ao Fogar, e a unha media de 36 usuarios no servicio de Teleasistencia completamente gratuíto. Mentres a Xunta de Galicia ten un servizo de Teleasistencia de copago e exclusivamente para persoas catalogadas como dependentes, que esperan meses e meses para ter esta prestación; dende a Deputación hai unha Teleasistencia gratuíta, para todos os veciños con limitacións en canto a súa autonomía. É dicir, sexan dependentes ou non.


















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



