Lugo, 8 de xaneiro de 2019. A programación de Nadal na Provincia que organizou, entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro o Goberno da Deputación contou coa participación de máis de 2.500 veciños durante as pasadas festas de nadal, datos que expuxo a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, “desde o Goberno da Deputación consideramos que esta programación foi un éxito, pois os rapaces gozaron destas actividades de lecer nunhas datas tan especiais para eles como son as do nadal”.
García Porto destacou tamén “a boa acollida destas actividades por parte dos concellos e dos veciños, xa que as actividades sempre contaron cun público moi participativo e interesado que o pasou en grande. Asistiu moito público familiar e nalgunha das actividades houbo que solicitarlles aos adultos que quedaran fóra, para que máis cativos puideran acceder ata completar o aforo”.
“Quero poñer de relevo que nalgunha das actividades, como A Gata con Zocas en Antas de Ulla participaron preto de 200 persoas, enchendo a casa da Cultura, e tamén as actuacións do Baúl do Mago e O Planetario Ciencia Kids, completaron os seus espazos en practicamente todos os pases. Estamos moi satisfeitos co balance total e agardamos que esta boa acollida se repita no resto de actividades que organizamos dende o Goberno da Deputación noutras datas do ano” recalcou a Deputada.
En total, foron máis de 100 actividades totalmente de balde as que ofertou o Goberno da Deputación en 63 Concellos da provincia dende o 21 de decembro e ata o 6 de xaneiro para dinamizar a actividade no rural e achegar alternativas de ocio a todos os lucenses.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



