Burela, 30 de xaneiro de 2019. O 5 de febreiro comezará a negociación da RPT do Concello de Burela, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano, que se amosa sorprendido pola nova concentración de traballadores que tivo lugar hoxe, “cando xa estaban convocados para dentro duns días”. O rexedor critica a politización que sobre este asunto está a facer o PP, nega as presións que lle atribúen os populares e lémbralle a González Barcia os conflitos laborais que tivo na súa época á fronte do Concello de Burela.
O alcalde burelés sinalou que “hoxe houbo outra parada dos traballadores no Concello e desde a Alcaldía e desde o equipo de goberno estamos sorprendidos de que se sigan manifestando cando xa están convocados oficialmente para facer unha reunión para o que solicitan. Na última xuntanza da mesa de negociación quedaramos, e eu estaba convencido de que se entendera perfectamente, en que íamos iniciar as conversas a primeira semana de febreiro, e así vai ser. Están convocados para o 5 de febreiro para empezar a falar da RPT. Temos un documento base e a partir del iremos avanzando na elaboración dos postos de traballo, no organigrama e nas necesidades que ten este Concello”.
Para Alfredo Llano “ese intento de politizar estas paradas por asuntos laborais por parte do PP, que sacou unha nota que dá un pouco de pena observar o que di. Din que estou presionando aos traballadores, cando eu son unha persoa que sempre pido as cousas por favor e sempre dou as grazas polas labores que se fan, nunca xamais presionei a ningún traballador en ningún aspecto; o que fago é motivar para que todo saia ben e todo funcione perfectamente. Non se entende que o PP saia insidiando porque hai que ver a que baixísimo nivel está traballando o señor Barcia; eu penso que a súa maldade supera a súa capacidade de razoamento. Pero quedaría moito mellor estando calado porque el foi o único alcalde do Concello de Burela que despediu a persoal do Concello: ao pouco tempo de estar na Alcaldía o que fixo foi despedir a unha orientadora laboral, cunha indemnización bastante alta, que pagou o Concello de Burela. Tamén deixou unhas herdanzas negativas para o Concello no comedor do Vista Alegre cando decidiron prescindir do persoal do Concello e buscar outra solución para ese comedor, ademais doutras cousas que fixo relativas por exemplo a cuestións laborais no barco museo”.
O rexedor engadiu: “polo tanto non sei como é capaz de abrir a boca neste aspecto; e ademais non ten nin idea do que di porque xa está marcado o día e a hora para empezar as negociacións. Ademais insinúa que estamos presionando aos traballadores, o que é xa pouco menos que motivo incluso de denuncia porque dicir iso é unha barbaridade. E que teño que empregarme a fondo, cando eles deberan estar colaborando, participando, negociando e facilitando que isto vaia mellor polo ben de todo o concello, está insinuando cousas que dan pena, e á súa idade aínda peor”.
Alfredo Llano manifestou que “vamos ir para adiante e a tratar de que este asunto laboral non se desvíe a cuestións políticas senón que sinxelamente se traten única e exclusivamente cuestións laborais. Agora mesmo estase pensando na Relación de Postos de Traballo do Concello de Burela, o que vamos iniciar para a semana que vén. Hai un documento base que vamos utilizar para comezar as conversas e a medida que vaiamos avanzando iremos vendo a onde podemos chegar e como facer. Esta é a pretensión que tivo sempre este equipo de goberno, non houbo nunca negativas a conversas cos traballadores nin nos negamos a recibilos nunca. Esperamos que a partir de agora se normalice a situación e procuraremos sacar un bo documento que beneficie ao conxunto das necesidades do Concello de Burela”.























Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.