Burela, a 11 de xaneiro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela denunciou hoxe “unha máis das falsidades e enganos de Alfredo Llano, que leva catro anos lanzando titulares de prensa anunciando xestións que logo se quedan en nada. Se no seu día denunciamos as mentiras e incumprimentos do alcalde en relación co cambio de ubicación do mercado, do plan de tráfico, da peatonalización de certas rúas, da ordenanza de terrazas, da RPT, do novo pavillón, etc., hoxe temos que denunciar o engano que fixo reiteradamente aos veciños coa pretendida ordenación do espazo portuario detrás de Capitanía Marítima”.
Desde o Grupo Municipal Popular afirman que “o pasado día 2 presentamos un escrito solicitando acceso a toda a documentación referida á indicada actuación. O propio alcalde respondeunos ao día seguinte, o día 3, e non foi ningunha sorpresa a resposta: envíanos a documentación existente no Concello que consiste nun único escrito dirixido polo alcalde a Portos de Galicia o 17 de novembro de 2015 solicitando unha entrevista do Presidente do ente. E non hai nada máis”.
Os edís do PP definen esta situación como “a demostración da incapacidade deste alcalde de xestionar e da súa extraordinaria vagancia: non foi capaz de elaborar nin tan sequera unha memoria do que segundo el se podería facer nese espazo. Non foi capaz de preparar un pequeno plano de ordenación desa zona; non foi capaz, en definitiva, de trasladar a Portos ningún tipo de documentación para poder traballar sobre a mesma”.
Desde o Grupo Municipal Popular aseguran “non entender facilmente a tendencia á mentira compulsiva do alcalde porque estamos convencidos de que el mesmo se cre as súas ilusións, cando o certo é que a súa xestión é igual a cero e a súa capacidade de traballo é nula. Iso si, a súa capacidade de engano e mentira supera os límites da dignidade humana”.
“Pero que ninguén se engane: Llano dirá que a culpa será de Portos de Galicia por non facer ningunha proposta. Unha vez máis, el non asumirá o fracaso da súa xestión”, conclúen os edís populares.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



