Lugo, 10 de xaneiro de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, o Delegado da Federación Galega de Atletismo, José Manuel Peña Rodríguez, e o Representante da FGA, Jesús Vázquez Tallón, presentou a IX Copa Deputación de Atletismo no Estadio Gregorio Pérez Rivera, que acollerá o vindeiro sábado 19 de xaneiro estas probas deportivas. A Deputación garante a celebración deste evento deportivo cunha achega económica de 6.000 euros, pois trátase dunha competición de gran proxección a nivel local, autonómico e nacional.
Rivera Capón sinalou que “este é un encontro deportivo xa asentado na cidade e no calendario da Federación Galega de Atletismo, que nas tres xornadas desta edición, reunirá a preto de 2.000 atletas, o que supón un importante retorno económico. Deste xeito, colaboramos unha vez máis, co tecido deportivo fomentando as disciplinas deste eido na mocidade lucense”.
Atletas federados
A primeira xornada da Copa Deputación de Atletismo comezará ás 10:30 horas e participarán atletas federados de categorías comprendidas entre os 8 e 13 anos de idade, sub-10, sub-12 e sub-14. Serán preto de tres horas de competición nas que se disputarán as seguintes probas: salto de altura; lanzamento de peso 3 kg; 60 mv 0.84; 50 ml; salto de lonxitude; lanzamento de peso 1 kg; 60 ml e 60 mv 0.76. Os dous encontros restantes que completan este evento deportivo, terán lugar o 26 de xaneiro e o 2 de febreiro, e diríxense a atletas de categorías superiores, sub-16; sub-18; sub- 23 nas categorías sénior e máster.
Competición autonómica
As probas desta cita deportiva, enmárcanse no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e lévanse a cabo baixo o control técnico do Comité Galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo. A competición diríxese a atletas federados, tanto a nivel galego como de calquera outra comunidade con licenza en vigor da Federación Española de Atletismo.
As probas que se leven a cabo estarán homologadas pola RFEA en cada categoría, polo que as marcas obtidas polos diferentes atletas serán validadas no ranking Galego e Nacional como marcas mínimas para a participación noutros campionatos, tanto nacionais como internacionais.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
